A Mediateca do Grilo nace o 15 de outubro de 2008 para dar resposta á necesidade dun espazo para a cultura no Concello de Teo. Así trátase non solo dunha biblioteca senon dun punto de encontro para todo tipo de actividades: exposicións, presentacións de libros, recitais…
Na actualidade contamos cun catálogo que pode ser consultado on-line na plataforma da Rede de Bibliotecas de Galicia. Tamén hai servizo wifi en todo o local e 6 postos de ordenador con conexión gratuita a Internet.



