A Axencia de Lectura de Os Tilos atópase nos baixos parroquiais da Igrexa . A superficie está distribuída entre unha zona de consulta e unha zona infantil, separadas entre si por un sistema de estantes.
O acceso aos servizos da biblioteca é libre e de balde e o persoal da axencia está a disposición dos/das usuarios/as para facilitarlles a búsqueda de material e orientalos no seu uso.
Os fondos documentais da Biblioteca integran todo tipo de materiais e soportes: libros, CD-ROM, DVD, etc. Actualmente conta con case 10.000 volumes. A biblioteca e
strutura os seus fondos a través de centros de interese e diferenciando os fondos por grupos de idade para facilitar o acceso dos nenos e das nenas aos fondos máis axeitados á súa idade. A consulta destes fondos tamén pode facerse on-line a través do seu OPAC.
Lectura e consulta en sala
Todos os libros, revistas e xornais poder lerse e consultarse na sala.
Préstamo
A maior parte da colección pode ser obxecto de préstamo a domicilio (exclúense publicacións periódicas, obras de referencia, Fondo Local e excepcións). Este servizo permite tomar en préstamo ata 3 obras durante 15 días renovábeis por outro período do mesmo tempo.
Carné de usuario/a
Nel aparecen os datos e o número do/da usuario/a. Con el pódense tomar libros en préstamo pero tamén desde internet reservar libros, facer suxestións, etc. Para sacalo cómpre proporcionar 2 fotografías tamaño carné e unha fotocopia do DNI. Os menores de 16 anos necesitarán dunha autorización do seu/súa titor/a (e fotocopia do DNI do/da titor/a).
Servizos multimedia
A sala de acceso a internet, libre e de balde, está composta por dous terminais conectados á rede e con servizo de escáner. O tempo de uso está limitado a unha hora e media por persoa e día. No local tamén está instalado o sistema WiFi , dentro do Programa Internet nas Bibliotecas da Xunta de Galicia. Con este sistema o/a usuario/a pode conectarse a internet a través dun portátil ou PC da súa propiedade.
Fondo Local
Este fondo pretende reunir no espazo da biblioteca todas as obras escritas por autores teenses ou cunha especial vinculación coa localidade, obras producidas por entidades con residencia en Teo, cunha temática centrada en Teo ou impresas no concello, así como publicacións periódicas, gravacións sonoras e videogravacións agrupadas nun andel da sala de consulta.
Sala de consulta
A sala de consulta conta cun total de 16 postos distribuídos en varias mesas. O sistema de estantes separa este ámbito da sala infantil, que conta con outros 12 postos de lectura.
Contacto
Ameneiro s/n (Baixos parroquiais)15894 – Os Tilos
Tel. e Fax: 981 819 501
E-mail: bibliotecatilos
concellodeteo.com
Horarios
- De luns a venres, de 16:30 a 20:30 horas.
- Sábados, de 16:30 a 20:30 horas.



