Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Decembro 2009

Estes días ven de estrearse nos cines a versión cinematográfica do clásico da literatura infantíl “Donde viven los monstruos”

"Donde viven los Monstruos" de Maurice Sendak

de Maurice Sendak, lectura máis que recomendable, e que está traducido ao galego pola Editorial Kalandraka. Pero non debe levar a engano a súa vinculación á Literatura Infantíl cando sentamos diante da grande pantalla. Sólo temos que mirar aos créditos para ver que a dirección corresponde a ese director de tan difícil catalogación como é Spike Jonze ( “Cómo ser John Malkovich” ou “Adaptation. El ladrón de orquideas”) para decatarnos que non imos ver unha película como as que normalmente nos bombardean os grandes estudos norteamericanos por estas datas. A versión de Jonze ten aspectos moito máis escuros que a obra literaria, cunha carga de profundidade que pode enganchar moito máis ao público maís adulto que aos máis pequenos da casa. En calquera caso, dende este Grileira recomendamos tanto esta versión cinematográfica como o orixinal en papel, que se dúbida é unha moi boa opción para estas datas. Buceando pola Rede atopamos esta montaxe coas ilustracións de Sendak que agardamos que desfrutedes  tanto coma nós.

Aproveitamos tamén para felicitar a todos estas Festas e desexar que no ano que ven se cumpran tódolos vosos desexos. Un saúdo dende o calorciño que temos nesta a vosa Grileira.

Advertisements

Read Full Post »

Como tódolos anos, nas Bibliotecas Municipais de Teo estamos a celebrar as Festas cunha serie de actividades. Por unha banda, na Mediateca do Grilo estamos a facer a nosa Árbore de Libros que preside a sala, decorada tamén polos debuxos de tódolos rapaces que queiran achegarse para facela máis vistosa. Este ano a estrela da Árbore non podía ser outra que o libro Entroido en Teo, no que a xa famosa familia Bolechas mergullase na celebración desta festa tan tradicional do noso Concello.

Árbore de Libros na Mediateca do Grilo

Tamén veñen de entregarse os premios ás mellores Postais de Nadal, na que os nosos rapaces demostran un ano tras outro o seu talento. Pero non rematan aquí as celebracións das Festas de Nadal no Concello. Ata o día 5 de xaneiro, en que terá lugar a recepción oficial dos Reis Magos no Pavillón da Ramallosa (ou mellor dito, no Pavillón Ezequiel Mosquera) desenvolveranse  moitos maís actos para públicos de tódalas idades, dos que daremos puntual información dende os nosos centros tanto físicos como virtuais. Estade atentos porque seguro que atoparedes algún que se adapte aos vosos gustos.

En todo caso, dende a Grileira queremos desexarvos a todos unhas Felices Festas e que o 2010 traia nos seus petos o cumprimento de tódolos voso desexos.

Read Full Post »

Onte na Casa Común de Oza tivo lugar a presentación do novo álbum dos Bolechas que ten como protagonista ao Concello de Teo. A través das peripecias desta simpática familia creada por Pepe Carreiro os máis peques da casa poden coñecer os rincóns máis significativos do noso municipio. Desfrutade coas súas aventuras.

http://picasaweb.google.es/Bibliosteo/Bolechas

Read Full Post »

Bibliotecas Municipais da Coruña

Benvido ao blog das nosas bibliotecas

A Grileira

Blog das Bibliotecas Municipais de Teo

WordPress.com

WordPress.com is the best place for your personal blog or business site.