Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Xaneiro 2010

Despois dun tempo parados, recuperamos esta pequena grileira para dar a coñecer unha interesante actividade que terá lugar na Mediteca do Grilo. A cita será o día 30 ás 20:30. Trátase de conmemorar o Día Mundial da Non-Violencia e con este motivo o Departamento de Mocidade ve de

Pilulas contra a Guerra

programar unha selección de curtas que co nome xenérico de “Pilulas contra a

Guerra” fai unha selección de traballos con esta temática.

As curtas que se proxectarán levan por título:

Jingle Bells
Mi chiamo Seby
Pim, pam, pum
Campás
On the line

As  Bibliotecas Municipais únense a esta iniciativa e complementaremos estas curtas cunha selección de libros de Literatura infantíl e xuveníl baseada no libro de Xerais “A Memoria das guerras na Literatura Infantíl e Xuverníl en galego” e que tratan das consecuencias dos conflictos bélicos nos máis xovenes. A selección é a que segue:

O violín de Auschwitz

“O violín de Auschwitz” de Mª Angels Anglada

No campo de exterminio de Auschwitz, as condicións de vida son infrahumanas, os castigos e a morte son compañeiros habituais dos presos como Daniel, un rapaz moi novo, xudeu de Cracovia, que sobrevive a este inferno traballando de luthier. O comandante do campo, Sauckel afeccionado á música clásica descobre o auténtico oficio de Daniel e decide poñelo a proba: faralle construír un violín que ten que ser perfecto

O brillo dos elefantes

O brillo dos elefantes” de Fran Alonso

Un neno centroamericano vive nunha aldea de Matagalpa, coa súa nai e a avoa Mirta, nun fermoso país de lagos e volcáns. Na aldea onde viven a penas teñen para comer e unha guerra non declarada ameaza os campesiños. Taquín, o mestre dunha escola á que non vai ninguén, fai que o neno acabe por perderlle o medo á noite e descubra o sentido da vida

A serea do deserto

“A serea do deserto” de Xavier López Rodríguez

Tawala é unha rapaza saharauí que vén pasa-las vacacións en Galicia. Nunca vira un río nin o mar, pero aprende a nadar e tolea por estar sempre na auga. A nena que a acolle na súa casa ten unha dúbida: virá Tawala dunha raza de sereas? E outra: podería vivir unha sera no deserto do Sáhara?

Otma Nokolaievna

“Otma Nicolaievna” de Raquel Campos Pico

As vidas de catro grandes duquesas de Rusia, as fillas do tsar Nicolás II e da tsarina Alexandra F´odorvna, sempre estiveron rodeadas pou un halo de misterio que as envolve dende a súa fatídica morte, acontecida, xunto co resto da familia real, o 16 de xullo de 1918 en Jekaterimburgo. Ese misterio pálapase neste extraordinario relato, elaborado en base ós recordos persoais dunha das irmás, Olga, que se mesturan cos acontecementos políticos que rodearon a Revolución Rusa e que marcaron o devir dinha Europa inmersa nun conflicto sen precedentes.

O autor amosa aquí o mundo cotián da posguerra española nunha vila castelá á que van a segar os seitureiros galegos: un mundo cerrado e abafante con todo o peso do ceo enriba das persoas.

Tódolos portos se chaman Helena

“Tódolos portos se chaman Helena” de Joan Barril

Guillem vive en Bruxas, na casa de Pier, o mozo da súa nai, que deberá transportar na súa gabarra uns pianos antigos. Guillem acompañaraos neste percorrido ao corazón de Europa, a través dos seus ríos, dende Róterdam ao Mar Negro. Unha viaxe na que se producirá o nacemento do amor, o espertar dos sentidos, o espellismo do heroísmo e a presencia da música como grande cohesionadora de tódalas paisaxes da alma.

Reencontro

“Reencontro” de Fred Uhlman

O argumento desta novela céntrase na amizade entre dous mozos de dezaseis anos. Hans é fillo dun médico xudeu e Konradiné un aristócrata descendente dunha das familias máis vellas de Alemaña. As súas afinidades e o seu xeito de ver as cousas convérteos en amigos íntimos. Pero cando Hitler chega ó poder, Konradin entra no exército nazi e Hans ten que marchar de Alemaña.

Silencio no corazón

“Silencio no corazón” de Jaume Cela

Silencio no corazón é unha narración excelente sobre a Guerra Civíl, vista e vivida por dous amigos adolescentes que maduran e medran ó ritmo de tristes acontecementos da traxedia bélica que golpea duramente a maioría das familias da vila onde viven os protagonistas.

Memorias dun neno labrego

“Memorias dun neno labrego” de Xosé Neira Vilas

“Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di un niguén. E ademais pobre”. Así comenzan os pensamentos do neno protagonista, no territorio limitado do mundo rural galego. Este é un texto clásico da literatura infantíl-xuvenil galega, con traduccións a diversas linguas e centos de milleiros de exemplares vendidos, incuestionado e verosímil testemuña literariadunha Galicia realmente existente

A pesca está no vento

“A pesca está no vento” de Xosé A. Ventoso Mariño

Co mar como refente constante transcorren as aventuras que marcan a fin da infancia de Nico, un neno galego de posguerra. Experiencias da vida cotiá, amargas, unhas veces, e cómicas, outras, ensaríllanse con historias misteriosas de meigas, santas compañas, covas de mouros, para espertar o protagonista da súa inxenuidade e contribuír a súa aprenndizaxe. Unha fermosa historia dun neno de mar, de onte, de hoxe e de sempre.

Sorrir en Frades

“Sorrir en Frades” de Siro López

O reencontro dun emigrante coa vila onde naceu e viviu a   infancia, permítelle lembra-las situacións máis curiosas e os personaxes máis divertidos. Un libro que recupera a Galicia rural dos anos cincuenta para pequenos e grandes con bo humor

Tempo rachado

“Tempo rachado” de Margot Chamorro

Aínda está moi viva entre nós a memoria da guerra civil, e tamén a dos longos e crueis anos de posguerra; unha época gris e amarga, sobre todo para quen tiveron que ver como os seus ideais quedaban esmagados. Ese é o tempo rachado do que se nos fala neste emotivo libro. Visto a través dos ollos dunha nena nacida nunha familia dos vencidos, é o relato testemuñal que, coa súa apaixoada sinceridade, nos chega directamente ao corazón.

Cando Hitler roubou o Coello Rosa

“Cando Hitler roubou o Coello Rosa” de Judith Kerr

Neste relato auotbográfico, Anna sente que lle roubaron bruscamente a súa infancia, o coello rosa de peluche, e vese na obriga de se incorporar ó complexo mundo de preocupacións e responsabilidades dos adultos.

Memorias dunha vaca

“Memorias de una vaca” de Bernardo Atxaga

Di La Vache qui Rit que neste mundo non hai cousa máis tonta que unha vaca tonto. E tódala vida de Mo consiste en amosarlle á súa amiga que ela, dende logo, a pesar de ser vaca – e non cabalo- non ten nin un pelo de parva. É unha vaca notablemente Omega e nda Alfa. E ten unha voz interior, e unha determinada maneira de entendela vida e… moitas, moitas gañas de vivir!

Pucho, habitador dos tellados

“Pucho, o habitador dos tellados” de Manuel Janeiro
-Ves Pucho, cantos tellados? Seica é o campo -dicía o pai    cando saían…

Un libro especial, para tod@s. Un libro para sempre… Manuel Janeiro crea un texto delicioso e entrañable, con    descripcións precisas e evocadoras. Paisaxes, emoción sentimentos e situacións xurden na imaxinación do lector grazas sensibilidade coa que o autor desgrana a vida do protagonista, víctima dun dos episodios -a dictadura- máis desgarradores da nosa historia. As ilustracións de Juan Ramón Alonso transpórtannos ao Madrid dos anos 50 e preséntannos a Pu cho risoño e inocente. O artista combina os seus debuxos a lapis con fotografías reais dos espazos nos que se ambienta a historia. O resultado é un t raballo creativo sinxelo e elegante, en consonancia coa calidade da obra literaria.

Read Full Post »

Bibliotecas Municipais da Coruña

Benvido ao blog das nosas bibliotecas

A Grileira

Blog das Bibliotecas Municipais de Teo

WordPress.com

WordPress.com is the best place for your personal blog or business site.