Despois dun tempo parados, recuperamos esta pequena grileira para dar a coñecer unha interesante actividade que terá lugar na Mediteca do Grilo. A cita será o día 30 ás 20:30. Trátase de conmemorar o Día Mundial da Non-Violencia e con este motivo o Departamento de Mocidade ve de
programar unha selección de curtas que co nome xenérico de “Pilulas contra a
Guerra” fai unha selección de traballos con esta temática.
As curtas que se proxectarán levan por título:
Jingle Bells
Mi chiamo Seby
Pim, pam, pum
Campás
On the line
As Bibliotecas Municipais únense a esta iniciativa e complementaremos estas curtas cunha selección de libros de Literatura infantíl e xuveníl baseada no libro de Xerais “A Memoria das guerras na Literatura Infantíl e Xuverníl en galego” e que tratan das consecuencias dos conflictos bélicos nos máis xovenes. A selección é a que segue:
“O violín de Auschwitz” de Mª Angels Anglada
No campo de exterminio de Auschwitz, as condicións de vida son infrahumanas, os castigos e a morte son compañeiros habituais dos presos como Daniel, un rapaz moi novo, xudeu de Cracovia, que sobrevive a este inferno traballando de luthier. O comandante do campo, Sauckel afeccionado á música clásica descobre o auténtico oficio de Daniel e decide poñelo a proba: faralle construír un violín que ten que ser perfecto
“O brillo dos elefantes” de Fran Alonso
Un neno centroamericano vive nunha aldea de Matagalpa, coa súa nai e a avoa Mirta, nun fermoso país de lagos e volcáns. Na aldea onde viven a penas teñen para comer e unha guerra non declarada ameaza os campesiños. Taquín, o mestre dunha escola á que non vai ninguén, fai que o neno acabe por perderlle o medo á noite e descubra o sentido da vida
“A serea do deserto” de Xavier López Rodríguez
Tawala é unha rapaza saharauí que vén pasa-las vacacións en Galicia. Nunca vira un río nin o mar, pero aprende a nadar e tolea por estar sempre na auga. A nena que a acolle na súa casa ten unha dúbida: virá Tawala dunha raza de sereas? E outra: podería vivir unha sera no deserto do Sáhara?
“Otma Nicolaievna” de Raquel Campos Pico
As vidas de catro grandes duquesas de Rusia, as fillas do tsar Nicolás II e da tsarina Alexandra F´odorvna, sempre estiveron rodeadas pou un halo de misterio que as envolve dende a súa fatídica morte, acontecida, xunto co resto da familia real, o 16 de xullo de 1918 en Jekaterimburgo. Ese misterio pálapase neste extraordinario relato, elaborado en base ós recordos persoais dunha das irmás, Olga, que se mesturan cos acontecementos políticos que rodearon a Revolución Rusa e que marcaron o devir dinha Europa inmersa nun conflicto sen precedentes.
O autor amosa aquí o mundo cotián da posguerra española nunha vila castelá á que van a segar os seitureiros galegos: un mundo cerrado e abafante con todo o peso do ceo enriba das persoas.
“Tódolos portos se chaman Helena” de Joan Barril
Guillem vive en Bruxas, na casa de Pier, o mozo da súa nai, que deberá transportar na súa gabarra uns pianos antigos. Guillem acompañaraos neste percorrido ao corazón de Europa, a través dos seus ríos, dende Róterdam ao Mar Negro. Unha viaxe na que se producirá o nacemento do amor, o espertar dos sentidos, o espellismo do heroísmo e a presencia da música como grande cohesionadora de tódalas paisaxes da alma.
O argumento desta novela céntrase na amizade entre dous mozos de dezaseis anos. Hans é fillo dun médico xudeu e Konradiné un aristócrata descendente dunha das familias máis vellas de Alemaña. As súas afinidades e o seu xeito de ver as cousas convérteos en amigos íntimos. Pero cando Hitler chega ó poder, Konradin entra no exército nazi e Hans ten que marchar de Alemaña.
“Silencio no corazón” de Jaume Cela
Silencio no corazón é unha narración excelente sobre a Guerra Civíl, vista e vivida por dous amigos adolescentes que maduran e medran ó ritmo de tristes acontecementos da traxedia bélica que golpea duramente a maioría das familias da vila onde viven os protagonistas.
“Memorias dun neno labrego” de Xosé Neira Vilas
“Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di un niguén. E ademais pobre”. Así comenzan os pensamentos do neno protagonista, no territorio limitado do mundo rural galego. Este é un texto clásico da literatura infantíl-xuvenil galega, con traduccións a diversas linguas e centos de milleiros de exemplares vendidos, incuestionado e verosímil testemuña literariadunha Galicia realmente existente
“A pesca está no vento” de Xosé A. Ventoso Mariño
Co mar como refente constante transcorren as aventuras que marcan a fin da infancia de Nico, un neno galego de posguerra. Experiencias da vida cotiá, amargas, unhas veces, e cómicas, outras, ensaríllanse con historias misteriosas de meigas, santas compañas, covas de mouros, para espertar o protagonista da súa inxenuidade e contribuír a súa aprenndizaxe. Unha fermosa historia dun neno de mar, de onte, de hoxe e de sempre.
“Sorrir en Frades” de Siro López
O reencontro dun emigrante coa vila onde naceu e viviu a infancia, permítelle lembra-las situacións máis curiosas e os personaxes máis divertidos. Un libro que recupera a Galicia rural dos anos cincuenta para pequenos e grandes con bo humor
“Tempo rachado” de Margot Chamorro
Aínda está moi viva entre nós a memoria da guerra civil, e tamén a dos longos e crueis anos de posguerra; unha época gris e amarga, sobre todo para quen tiveron que ver como os seus ideais quedaban esmagados. Ese é o tempo rachado do que se nos fala neste emotivo libro. Visto a través dos ollos dunha nena nacida nunha familia dos vencidos, é o relato testemuñal que, coa súa apaixoada sinceridade, nos chega directamente ao corazón.
“Cando Hitler roubou o Coello Rosa” de Judith Kerr
Neste relato auotbográfico, Anna sente que lle roubaron bruscamente a súa infancia, o coello rosa de peluche, e vese na obriga de se incorporar ó complexo mundo de preocupacións e responsabilidades dos adultos.
“Memorias de una vaca” de Bernardo Atxaga
Di La Vache qui Rit que neste mundo non hai cousa máis tonta que unha vaca tonto. E tódala vida de Mo consiste en amosarlle á súa amiga que ela, dende logo, a pesar de ser vaca – e non cabalo- non ten nin un pelo de parva. É unha vaca notablemente Omega e nda Alfa. E ten unha voz interior, e unha determinada maneira de entendela vida e… moitas, moitas gañas de vivir!
“Pucho, o habitador dos tellados” de Manuel Janeiro
-Ves Pucho, cantos tellados? Seica é o campo -dicía o pai cando saían…
Un libro especial, para tod@s. Un libro para sempre… Manuel Janeiro crea un texto delicioso e entrañable, con descripcións precisas e evocadoras. Paisaxes, emoción sentimentos e situacións xurden na imaxinación do lector grazas sensibilidade coa que o autor desgrana a vida do protagonista, víctima dun dos episodios -a dictadura- máis desgarradores da nosa historia. As ilustracións de Juan Ramón Alonso transpórtannos ao Madrid dos anos 50 e preséntannos a Pu cho risoño e inocente. O artista combina os seus debuxos a lapis con fotografías reais dos espazos nos que se ambienta a historia. O resultado é un t raballo creativo sinxelo e elegante, en consonancia coa calidade da obra literaria.
Deixar unha resposta