Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Febreiro 2010

Nestes días saltou á prensa unha nova que parecía ser un paso de xigante no campo da Exiptoloxía e no dos estudos históricos en xeral: a exiptóloga dominicana Kathleen Martínez cre ter atopado a que puidera ser a tumba da Raíña Cleopatra e Marco Antonio. De ser certo, hai quen afirma que este descubrimento pode ter unha repercusión semellante á que tivo Howard Carter ao atopar á de Tutankamon en 1922.

Pero deixando aparcados estes intereses históricos, nas Bibliotecas Municipais de Teo gústanos centrarnos en Cleopatra como personaxe tanto literario como cinematográfico. Porque non hai dúbida que a súa figura serviu de inspiración a escritores, pintores, directores… que buscaron reflexala den de distintas visións. Como esquecer a historia de amor na pantalla encarnada por Elizabeth Taylor no film de Joseph L. Mankiewicz ou a recreación da mesma historia de amor escrita por Terenci Moix en “No digas que fue un sueño”. Mais probablemente o primeiro achegamento á Raíña de Exipto de moitos de nós veu pola banda deseñada no álbum das aventuras dos máis famosos galos en “Asterix e Cleopatra”. Por todo este misterio que envolve a Cleopatra e a todo o Antigo Exipto decidimos crear un centro de interese centrado nesta cultura con aquelas obras que consideramos poden ser do interese de ususarios de distintas idades. Así, na Mediteca do Grilo recomendamos:

Tamén hai á disposición dos nosos usuarios números da revista “Arqueología” na que se abordan temas relacionados co Antigo Exipto dende diversos puntos de vista.

Agardamos que esta proposta sexa do voso agrado e non dubidedes en consultar ó noso persoal sobre outras obras relacionadas co tema.

Read Full Post »

Ven de aparecer nas pantallas dos nosos cines unha nova versión  de Sherlock Holmes. Aínda non tivemos oportunidade de vela, pero polo que se pode ver nos avances da película parece estar máis próxima á estética dos cómics de superheroes que ao espírito que Arthur Conan Doyle deulle ao personaxe. Dende as Bibliotecas Municipais invitámosvos a que revisitedes as aventuras deste peculiar detective en papel, tal como as deixou o seu autor. Estamos seguros de que as desfrutaredes tanto ou máis que no seu formato audiovisual. Porque non hai dúbida que pese a tódolos anos pasados dende que saiu a rúa, Holmes segue a ter algo que atrapa a quen se acerca ao seu mundo, sen importar a idade que teña. Dende pequenos quixemos nalgún momento ter esa capacidade de deducción e non podiamos evitar o sentirnos un pouco como o seu inseparable Watson cando chegaba ao fondo dos misterios e pasaba a dar unha explicación que para nós semellaba fácil e obvia unha vez resolta. Sen dúbida esta estrea pode ser un bo pretexto para que todos os que coñeciamos a Holmes o recuperemos e todos aqueles que aínda non tiveron a oportunidade de lelo entren nese mundo de misterios con terribles cans, mentes malvadas ao servizo do crime e horas e horas dunha lectura que parece non deixarte marchar.

Así que aquí deixam0s algúns dos títulos que podedes ter á vosa disposición nas Bibliotecas Municipais. Agardamos a vosa visita:

Mediateca do Grilo

ALM Os Tilos

Read Full Post »

Bibliotecas Municipais da Coruña

Benvido ao blog das nosas bibliotecas

A Grileira

Blog das Bibliotecas Municipais de Teo

WordPress.com

WordPress.com is the best place for your personal blog or business site.