Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Xaneiro 2011

O próximo sábado 12 de febreiro ás 18:00 horas no Centro Sociocultural da Ramallosa, poderedes desfrutas do concerto- espectáculo infantíl A Nena e o

A Nena e o Grilo

Grilo. Este espectáculo pertence á campaña En clave de conto que OQO editora realiza para o programa Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración co Concello de Teo.

As 10 primeiras familias que cheguen ao concerto do día 12 poderán anotarse gratuitamente no obradoiro Eu falo así. O obradoiro parte da canción “Cri-cri”, do disco A nena e o grilo, para identificar as distintas linguas nas que se canta o tema (inglés, francés, portugués, castelán, éuscaro…) e o seu idioma principal, o galego. Está pensado para nen@s de entre 3 e 5 anos.

Advertisements

Read Full Post »

Xa tedes á vosa disposición as actividades da Aula de Informática da Ramallosa para o vindeiro trimestre. Como en anteriores convocatorias os prazos irán dende o 24 de xaneiro a 4 días antes de comezar a actividade. Para poder tomar partes nestas actividades deberá cubrirse a ficha de inscrición (poderá solicitarse no Rexistro do Concello, na propia Aula, na Mediateca de Grilo ou descargándoa da web do Concello). A continuación presentarse na Rexistro do Concello co pagamento das taxas (15 euros por curso para o primeiro membro da familia, que descenderán a 10 para o segundo e 5 para os seguintes). Terán preferencia aquelas persoas empadroadas no Concello de Teo. No caso de que as actividades superen o número de prazas realizarase un sorteo 3 días antes quedando as listas expostas no taboleiro da Aula.

Os curso serán os seguintes:

QUENDA DE MAÑÁ (tódolos días agás os mércores)

  • Curso de iniciación a Internet: para maiores de 16 anos sen coñecementos de informática. Irá do 31 de xaneiro a 11 de febreiro en horario de 10:30 a 12:30 (total de 16 horas)
  • Curso de iniciación á informática: para maiores de 16 anos sen coñecementos de informática. Irá do 15 de febreiro a 11 de marzo en horario de 10:30 a 12:00 (total de 15 horas)
  • Word: para maiores de 16 anos con coñecementos básicos de informática. Irá do 10 a 25 de marzo en horario de 10:30 a 12:00 (total de 15 horas)
  • Powerpoint: para maiores de 16 anos con coñecementos básicos de informática. Irá do 28 de marzo ao 4 de abril en horario de 10:30 a 12:30 (total de 10 horas)
  • Ferramentas do buscador Google: para maiores de 16 anos con coñecementos básicos de informática. Irá do 7 ao 15 de abril en horario de 10:30 a 12:00 (total de 9 horas)

QUENDA DE TARDE (luns, mércores e xoves)

  • Redes sociais. Facebook: Maiores de 14 anos con coñecementos básicos de Internet e cunha conta de correo electrónico. Do 31 de xaneiro a 10 de febreiro (18:00 a 19:30 con 9 horas lectivas).
  • Creación e organización de carpetas: Maiores de 16 anos sen coñecementos de informática.Do 16 a 23 de febreiro (18:00 a 19:30 con 6 horas lectivas).
  • Iniciación á fotografía dixital e ó seu retoque: Preferentemente mulleres maiores de 16 anos con coñecementos básicos de informática e Internet e que dispoñan dunha cámara fotográfica. Do 28 de febreiro a 10 de marzo (18:00 a 20:00 con 10 horas lectivas).
  • Compras on-line:Maiores de 16 anos sen coñecementos de Internet. Do 14 de a 17 de marzo (18:00 a 20:00 con 6 horas lectivas).
  • Xestións telemáticas: Maiores de 16 anos sen coñecementos de Internet. Do 21 de a 31 de marzo (18:00 a 19:30 con 9 horas lectivas).
  • Dispositivos de almacenamento portátil: Maiores de 16 anos scon coñecementos de informática. Do 4 ao 7 de abril (18:00 a 19:30 con 5 horas lectivas).

Para máis información, contactar coa Aula de Informática a través do correo electrónico auladeinformatica@concellodeteo.com ou dos teléfonos 981 81 57 oo (extensión 216) en horario de mañá e 606 98 48 41 en horario de tarde.

Read Full Post »

Xa pasado o Nadal, voltamos ao calor da nosa Grileira para combater con boas lecturas e propostas culturais o frío do inverno. E para estar máis acorde co tempo no que estamos, cambiamos a nosa cabeceira cunha fermosa fotografía tomada da páxina web do Concello.

Xan e Perillán de Consello de Galeg@s Ilustres

Para entrar en calor, o sábado 29 de xaneiro, ás 18:00 horas no Centro Sociocultural da Ramallosa poderemos desfrutar do espectáculo Xan e Perillán de Consello de Galeg@s Ilustres. Xan e Perillán son moi iguais, mais tamén poden ser moi distintos… Trátase dun canto de amor á Terra e á diversidade no ecosistema apto para idade de 5 anos en diante.

Elaborouse este conto respondendo a unha demanda para as campañas de prevención de incendios “Non queimes o monte” da Consellaría de Medio Rural, para visitar centros de infantil e primaria no curso 2006-2007.

Read Full Post »

Bibliotecas Municipais da Coruña

Benvido ao blog das nosas bibliotecas

A Grileira

Blog das Bibliotecas Municipais de Teo

WordPress.com

WordPress.com is the best place for your personal blog or business site.