O próximo sábado 12 de febreiro ás 18:00 horas no Centro Sociocultural da Ramallosa, poderedes desfrutas do concerto- espectáculo infantíl A Nena e o
Grilo. Este espectáculo pertence á campaña En clave de conto que OQO editora realiza para o programa Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración co Concello de Teo.
As 10 primeiras familias que cheguen ao concerto do día 12 poderán anotarse gratuitamente no obradoiro Eu falo así. O obradoiro parte da canción “Cri-cri”, do disco A nena e o grilo, para identificar as distintas linguas nas que se canta o tema (inglés, francés, portugués, castelán, éuscaro…) e o seu idioma principal, o galego. Está pensado para nen@s de entre 3 e 5 anos.
Deixar unha resposta