Xa está aquí o Entroido non noso Concello. Tras o frustrado intento de Oza, parece que este fin de semana Reis sí que poderá sacar á rúa os seus xenerais e os seus correos. Dende as Bibliotecas quere suxerir algúns títulos que poden servir de complemento a estas datas pensando n@s máis pequen@s.
Por suposto, debemos comezar pola aventura protagonizada polos coñecidos irmáns no noso Concello, onde debuxados polo lapis de Pepe Carreiro percorreron Teo para vivir o noso Entroido e participar nun divertido
atranque. Seguro que fará desfrutar aos máis pequen@s da casa (e tamén aos maiores).
¡Chegou o Entroido! Teo e os seus amigos preparan os disfraces. Teo se disfraza de galo, pero ten tan mala sorte que lle cae enriba un bote de pintura e se mancha da cabeza aos pes. Menos mal que tía Rosa está preto e ten solución para todo: o disfraz de galo convirtese nun disfraz de espantallo. Os nenos acoden cos seus disfraces ao desfile de entroido.Teo descobre o mundo é unha ampla colección na que Teo presenta diferentes escenas da vida cotidiá. Da man de Teo, o neno poderá identificarse cos diversas situacións, e revivirá o mundo que o rodea.
Todolos títulos da colección teñen unha guía didáctica destinada a entreter ao neno á vez que estimula a súa curiosidade e creatividade.
A Mini gustalle ir ó colexio, pero gustarialle moito máis se Cornelio non se rira dela nin a chamara ‘‘larguirucha’‘. Se achegan as festas de entroido e Maxi ten unha estupenda idea.
Nesta aventura, a familia Bolechas preparase para a súa particular celebración do Entroido
Unha colección para ler e escoitar coa mellor música para nenos, xovenes e maiores. O volume inclúe CD.
¡Chegou o Entroido! ¡O nunca visto e oído! ¡É o ano das feras!
Versión ao castelán e tratamento didáctico de Fernando Palacios con música de Camille Saint-Saëns. as ilustracións son de Laura Terré.
Agardamos que vos gusten e sobre todo… A DESFRUTAR DO ENTROIDO!!