Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Marzo 2011

Padrón. Os camiños da cultura

Este sábado haberá dúas actividades na Casa Común de Os Tilos (ao lado da piscina municipal). Na sala de Actividades, o Concello de Teo co patrocinio da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña presenta a esposición “Padrón: Os camiños da cultura” na que través de 15 paneis e vitrinas, a se realiza un percorrido cronolóxico pola historia da vila e unha análise de cómo xorde a tradición xacobea nun concello que é punto de referencia neste aspecto, pois nel conflúen dous dos principais camiños de peregrinación a Santiago: o Portugués e o da Traslatio.

A exposición explica a …orixe do nome da vila no “pedrón” romano que aínda se conserva no baixo o altar maior da Igrexia de Santiago e no que, segundo conta a lenda, os discípulos de Santiago ataron a barca que traía o corpo do apóstolo dende Palestina, que comezou en Padrón a súa peregrinación por terra cara a Compostela.

Os visitantes poderán entender e afondar na relevancia deste feito a través da historia, da heráldica, e de diversos documentos como as Cartas de Privilexio que todos os reis, dende Fernando II ata Felipe V, concederon á vila padronesa por ser o lugar de amarre da Barca Apostólica.

A exposición permanecerá aberta en horario de 16:30 a 20:30 h dende o sábado 2 de abril ata o sábado 16.

Contos para un caldiño

 

 

Ás 17:30 horas do sábado 2 de abril os máis pequenos poderán desfrutar dunha sesión de contacontos infantil que leva por título “Contos para un caldiño” de Baobab Teatro.

Para máis información, contactar coa Concellaría de Cultura e deportes no teléfono 981 81 57 00

Read Full Post »

Un ano máis chega o 21 de marzo, establecido pola UNESCO como o día en que celebramos o Día da Mundial da Poesía. Dende as Bibliotecas Municipais de Teo queremos unirnos a esta celebración, e conscientes de que este xénero parece seguir a ser minoritario nos nosos préstamos queremos fornecer estos xéneros con centros de interese nas nosas axencias e deixando unha selección de lecturas para @s máis nov@s, para que dende pequenos podan desfrutar da súa lectura.  Hai moitos máis nas nosas Axencias. Entrade e desfrutade. FELIZ DIA DA POESÍA!!!!!!!!!

Read Full Post »

Lembramos @s nos@s usuari@s que as Axencias de Lectura permanecerán pechadas o 19 de marzo con motivo da celebración da festividade de San Xosé.
Desculpen as molestias

Read Full Post »

O Salón de plenos do Concello acolle a mesa redonda “Envellecemento, dependencia e mulleres. Nacidas para coidar?” na que participan a médica Esperanza Casas, a avogada Mª Jesús Loredo e a traballadora social Mónica Mella. Trátase dunha das actividades organizadas con motivo da celebración do 8 de marzo. Máis información premendo aquí .

Read Full Post »

Hoxe na Biblioteca Nacional Sampedro recibirá esta distinción aos seus 94 anos pola la labor de la difusión da cultura e a imaxe de España no estranxeiro.Economista, escritor, catedrático de Estructura Económica, ex senador e membro da Real Academia Española dende 1990, José

José Luis Sampedro

Luis Sampedro (Barcelona, 1917) desenvolveu un intenso traballo. Salientamos algunhas das que fornecen os fondos das nosas axencias de lectura:
En novela:
Congreso en Estocolmo (1952)
El río que nos lleva (1961)
Octubre, octubre (1981)
La sonrisa etrusca (1985)
El amante lesbiano (2000)
Outros xéneros:
Conciencia del subdesarrollo (1973)
El mercado y la globalización(2002)

Read Full Post »

Bibliotecas Municipais da Coruña

Benvido ao blog das nosas bibliotecas

A Grileira

Blog das Bibliotecas Municipais de Teo

WordPress.com

WordPress.com is the best place for your personal blog or business site.