Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Xullo 2017

Voltamos por fin despois dun longo silencio e facémolo con novidades importantes.

Nos próximos meses iniciaremos a implantación do novo sistema de xestión bibliotecaria (KOHA) que permitirá, entre outras cousas, aos usuarios acceder aos servizos de todas as bibliotecas integradas en dito programa cun carné único.

Haberá unha serie de cambios que iremos comunicando ao longo das próximas semanas, pero un dos máis importantes, será a emisión dun novo carné e, para iso, precisamos ter actualizados os datos dos nosos socios/as antes do proceso de migración.

Pedimos aos socios/as das bibliotecas que se poñan en contacto con nós para proceder á actualización dos datos persoais requeridos polo novo programa xa que hai algunhas persoas que teñen a ficha incompleta. De non correxir os datos antes do 15 de xullo, teremos que dar de baixa os carnés.

Advertisement

Read Full Post »