Arrancamos o Festeo 2020 coa Asociación Veciñal Carballeira de Francos. Comezamos con esta entidade que foi a fundadora da Feira da Terra, unha feira de carácter labrego e artesán que ten o agro como eixe e que se celebra todos os anos na emblemática Carballeira de Francos no tempo da primavera. Foi no seo desta feira onde se empezou a celebrar o Festeo promovido polo Concello de Teo, e no que se lle dou cabida para facer unha xornada de convivencia das distintas asociacións e colectivos de Teo.
Continuamos cunha das asociacións máis novas do Concello Aberteo, que ten como obxectivo a promoción, formación e divulgación da tecnoloxía libre. Envíannos este vídeo para coñecelos un pouco máis, onde nos explican o que fan, o que levan feito, e o que teñen previsto, e onde nos deixan un pequeno titorial de agasallo para aprender a instalar Linux Mint nun ordenador antigo, vamos a alá con el:
Deixar unha resposta