Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘Exposicións’ Category

Nas Bibliotecas Municipais tamén somos conscientes dos problemas que estamos a pasar no emprego, así que deixamos á disposición d@s usuari@s unha serie de manuais que agardamos poidan servir para reforzar a formación de diversos oficios. Quen sabe se poden abrir as portas a un futuro emprego!!. En calquera caso tédelos á vosa disposición na Mediateca do Grilo.

Advertisements

Read Full Post »

O Pop na fin do mundo.

Esta vai ser unha semana de actividade intensa na Mediateca. O venres día 8, haberá unha charla que leva por título “A Pop na fin do mundo. Unha introdución ao Rock galego” a cargo de XavierValiño na que se tratará sobre este xénero musical na nosa terra. A charla irá acompañada dunha exposición con fotografías feitas polo propio autor en concertos ao vivo. Será a partir das 20:00 horas e a exposición estará aberta no horario de apertura da Mediateca.

Para o sábado poderemos desfrutar dun curso de Arrolos impartido por Ugia Pedreira e Rosa Bugallo. Achegamento a dez nanas galegas cantadas por Ugia Pedreira, con explicación sociolóxica e práctica en grupo.
Serán dez cantos de berce de autor e de composición propia coas que se fará unha análise antropolóxica e social sobre os valores expostos nos textos e nas melodías.  As persoas asistentes escoitarán a unha das voces máis recoñecidas da canción galega actual, aprenderán as melodías e as letras dunha selección de dez nanas do cancioneiro popular galego-portugués, ou outras coma “Nana para un amante” (Fuxan os Ventos), “Durme

Curso de arrolos

meu neno” (letra de Antón Avilés de Taramancos),…. Tratarase tamén o significado da voz e o seu poder emocional
tanto no útero como nos primeiros anos de vida. No fin do curso os pais e nais compoñerán a súa propia canción de arrolo para cantarllela aos seus pequenos. O curso consta de 4 horas en dúas sesións de 2 horas cada unha. A primeira sesión será o sábado 9 de abril de 11:00 a 13:00 e a 2ª sesión a determinar polos asistentes.
Para participar é necesario facer unha inscrición previa antes do 9 de abril, ben na Mediateca do Grilo ou no Departamento de Cultura, pois o aforo é limitado a 25 persoas. Pódelo facer persoalmente ou chamando ó 981806400 – 981815700 (ext:214) ou no enderezo electrónico: cultura@concellodeteo.com

Read Full Post »

Padrón. Os camiños da cultura

Este sábado haberá dúas actividades na Casa Común de Os Tilos (ao lado da piscina municipal). Na sala de Actividades, o Concello de Teo co patrocinio da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña presenta a esposición “Padrón: Os camiños da cultura” na que través de 15 paneis e vitrinas, a se realiza un percorrido cronolóxico pola historia da vila e unha análise de cómo xorde a tradición xacobea nun concello que é punto de referencia neste aspecto, pois nel conflúen dous dos principais camiños de peregrinación a Santiago: o Portugués e o da Traslatio.

A exposición explica a …orixe do nome da vila no “pedrón” romano que aínda se conserva no baixo o altar maior da Igrexia de Santiago e no que, segundo conta a lenda, os discípulos de Santiago ataron a barca que traía o corpo do apóstolo dende Palestina, que comezou en Padrón a súa peregrinación por terra cara a Compostela.

Os visitantes poderán entender e afondar na relevancia deste feito a través da historia, da heráldica, e de diversos documentos como as Cartas de Privilexio que todos os reis, dende Fernando II ata Felipe V, concederon á vila padronesa por ser o lugar de amarre da Barca Apostólica.

A exposición permanecerá aberta en horario de 16:30 a 20:30 h dende o sábado 2 de abril ata o sábado 16.

Contos para un caldiño

 

 

Ás 17:30 horas do sábado 2 de abril os máis pequenos poderán desfrutar dunha sesión de contacontos infantil que leva por título “Contos para un caldiño” de Baobab Teatro.

Para máis información, contactar coa Concellaría de Cultura e deportes no teléfono 981 81 57 00

Read Full Post »

Conmemoramos esta semana o compromiso que toda a sociedade temos que ter fronte a Violencia de Xénero. Diversas Concellarías de Teo e Departamentos están a promover actividades de concienciación para rematar por fin con estas atrocidades que poñen de loito con demasiada frecuencia a nosa realidade.  Deixamos neste post as máis salientables:

  • Mércores 24 ás 19:00 horas terá lugar unha charla do Doutor Rosendo Bugarín, médico de familia do Centro de saude de Calo, na Antiga escola da Tomada- A Igrexa-Calo sobre aspectos sanitarios da violencia de xénero.
  • Xoves 25 ás 17:30 a presentación do II Plan de Igualdade do Concello e logo a proxección do documental “Señora de” no Salón de Plenos do Concello
  • Venres 26 ás 21:00 na Mediateca do Grilo, a actuación musical de Paloma Suances
  • Sábado 27 ás 20:00 no Centro sociocultural da Ramallosa, a representación teatral de “Acto imprevisto”.
Durante toda a semana habrá diversos actos nos centros educativos do Concello para seguir traballando coa  xuventude nun cambio na ideoloxia e na actitude cara esta problemática.
Tamén dende as Bibliotecas Municipais do Concello queremos unirnos na loita contra esta lacra a través dun Centro de Interese no que mostramos documentos dos nosos fondos que tratan esta realidade dende diveros aspectos. Así, unha parte  estará adicada ao maltrato en sí contra as mulleres dunha maneira máis teórica. Unha segunda sección centrarase naquelas obras de ficción que tratan este tema, en diferentes franxas de idade. Aquí deixamos algunhas das obras que podedes consultar:

SOS: MI CHICO ME PEGA PERO YO LE QUIERO: COMO AYUDAR A UNA CHICA QUE SUFRE LOS MALOS TRATOS EN SU PAREJA

Este libro pOde ser de gran aXuda para ti ou calquera persona do teu entorno, especialmente se es xoven e sofres maltrato na parella. Podense correxir mitos e ideas erróneas que ainda hoxe existen sobre a denominada violencia de xénero e descubrir as principais sinais de alarma cando comeza unha relación de maltrato que pode ter graves consecuencias na saúde psicolóxica, afectivo-sexual e física das personas que a sofren. Así, nesta obra analizan algúns casos reflexados nos medios de comunicación españoles e se inclúen testemuñas de xóvenes que superaron de forma positiva o maltrato na parella. Asimesmo, o autor propón pautas para a prevención, un plan de autoprotección personal e de valoración do risco, e orientacións sobre qué convén facer e non facer en situacións de maltrato, cando é necesario solicitar axuda psicolóxica especializada e por qué é moi eficaz a asistencia a grupos de apoio psicolóxico para poder voltar a vivir feliz sen malos tratos.

SOS…MUJERES MALTRATADAS

A través de testemuñas e casos reais, neste libro se esboza cómo se sinte a muller maltratada. Con base no coñecemento práctico na materia e aportando información actualizada, nesta obra se expón de forma clara qué é a violencia doméstica,  amsanse as distintas formas de violencia contra as mulleres e tambén as ideas erróneas sobre este grave problema social. Se describen os signos que alertan sobre a posible existencia de violencia de xénero e sobre a súas consecuencias. Tambén, porque é fundamental, se aborda a conducta dos maltratadores. A obra aporta de manera explícita e novedosa os distintos programas terapéuticos creados para estes casos, que van dende as intervencións de urxencia,  os programas de terapia individual ou grupal con mulleres maltratadas. Tambén se inclúen os novidosos obxetivos e métodos de traballo terapéutico cos agresores. Así mesmo, se inclúen cuestionarios de singular relevancia que permiten evaluar o grao de peligrosidade no que se atopa a víctima e a escala de gravidade dos síntomas do estrés postraumático.

TEO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Neste documento audiovisual recóllense os distintos recursos que traballan no Concello en atallar a violencia machista.


MEMORIAS DE UNA GEISHA

Unha conmovedora historia que ten cautivado a millóns de lectores dos cinco continentes e que inspirou a película producida por Steven Spielberg.
Nesta maravillosa novela escoitamos as confesións de Sayuri, unha das máis fermosas geishas do Xapón de entreguerras, onde ainda resoaban os ecos feudais e onde as tradicións ancestrais empezaban a convivir cos modos occidentais.
Da man de Sayuri entraremos nun mundo secredo dominado polas pasións e sostido polas apariencias, no que a sensualidade e a beleza non poden separarse da degradación e o sometemento: un mundo no que as xóves aspirantes a geishas son duramente adestradas na arte da seducción, no que a súa virxinidade se vende ao mellor postor e donde ten que convencerse de que, para elas, o amor non é máis que un espellismo.

ESA EXTRAÑA VERGÜENZA

Obra galardoada co premio “Leer es vivir” na súa edición 2003, modalidade xuvenil, polo seu carácter literario e o seu certeiro argumento, actual e intrigante de principio a fin.
Un home abusa da xoven Marina no ascensor da súa casa e este feito desata sentimentos e pon de manifiesto a personalidade dos distintos membros dunha familia. Un retrato centrado na figura da nai, muller respetada, coñecida e volcada no seu traballo de xornalista, que se pregunta se é feliz e reflexiona sobre a vida e o feito de que os fillos, chegado o momento, pensen e decidan por eles mesmos.
Marina sofre durante o relato esa extraña vergoña que nos anuncia o título da obra, pero ela, a diferencia de quenes a rodean e de Candela, que tambén ten un secredo que contarnos, se enfronta con valentía aos feitos e decide evitar que outras mulleres do seu vecindario teñan que avergoñarse dalgo do que non son culpables.
Rabia contida, consuelo e agarimo, vergoña, responsabilidade e valentía. Sentimentos entrelazados que descubriremos nun texto áxil e ameno, moi cercano ao público xuvenil. Tambén, a través dos personaxes, atoparemos na novela reflexións sobre a inmigración e o papel dos ancianos na sociedade.
a súa autora, Luchy Núñez, tarraconense, é xornalista, colabora en diversos medios e revistas culturais e foi galardoada en varias ocasións pola súa labor literaria e o seu traballo xornalístico.

O PERFUME

Jean-Baptiste Grenouille ten a súa marca de nacemento: non despide ningún olor. Ao mesmo tempo posúe un olfato prodixioso que lle permite percibir tódolos olores do mundo. Dende a miseria na que nace, o protagonista escala posicións sociais convirténdose nun afamado perfumista. Crea perfumes capaces de facerlle pasar inadvertido ou inspira simpatía, amor… Para obter estas fórmulas debe asasinar a xóves rapazas vírxes, obter fluidos corporais e licuar os seus olores íntimos. A súa arte se convirte nunha suprema e inquiedante prestidixitación.

PALABRAS ENVELENENADAS

¿Qué pasou con Bárbara Molina? Nunca se atopou o seu corpo nin se consigiron probas para deter a ningún culpable. Unha llamada a un móbil pon patas arriba o destino de moitas personas: o dun policía a piques de xubilarse, o dunha nai que perdeu a esperanza de atopar a súa filla desaparecida, o dunha rapaza que traiciononou á súa mellor amiga.
Palabras envelenadas é unha crónica dun día trepidante, vivido a contrarreloxo e protagonizado por tres personas cercanas a Bárbara Molina, desaparecida misteriosa e violentamente cando tiña quince años. Un enigma que, despois de catro anos sen resolverse, vai  verse sacudido por novas claves. As veces, a verdade permanece oculta na escuridade e sólo se alumiña ao abrir unha fiestra.
Unha historia de mentiras, segredos, enganos yefalsas apariencias que pon o dedo na iaga sobre mitos incuestionables. Un relato escalofriante que disecciona a hipocresía da sociedade española moderna. Unha denuncia valente dos abusos sexuais infantiles, as súas devastadoras consecuencia e a súa invisibilidade neste mundo benpensante noso.

Read Full Post »

Nestas datas estámonos a achegar ás festividades de Samaín (ou Halloween para os norteamericanos)  que  afondan as súas raíces na mesma orixe común, que non é outra que o Samhain celta que se celebraba hai varios centos de anos. Aínda que estas festas se volveron celebrar dende hai uns anos, hai relativamente pouco tempo que se recuperou o Samaín como tal sen a clara influencia estadounidense, pois está documentalmente probado que en Galicia se celebraba o Samaín celta ata fai tan só 30 anos. Sabemos tamén que os celtas desfrutaban dunha semana de festas adicadas ao Samaín e que remataba coa festa dos “espíritos” e que a tradición de tallar as cabazas está relacionada co culto á morte.De aí que o Samaín teña como claro emblema a cabaza e, en xeral, sexa tempo dado a contos de medo, lendas e demáis relatos terroríficos.

Por iso dende as Bibliotecas Municipais vos convidamos a que compartades algunha destas historias cos vosos amigos e sobre todo que pasedes un SAMAÍN DE MEDO!!!!! e para contribuir a isto decidimos preparar centros de interese nas nosas Axencias arredor desta festividade e unha palabra que vai ligada: O medo.

Así na Mediateca do Grilo poderedes ver penduradas do teito algunhas obras que cremos que poden ser un bó acompañamento nestas datas dende contos para nenos con monstros que están moi alonxados de dar medo ás máis terroríficas historias contemporáneas, pasando por clásicos da Literatura ou por lendas e historias da tradición oral. Agardemos que vos gusten e desfrutade deste Samaín.

Read Full Post »

Benvida a tod@s ao blog das bibliotecas do Concello de Teo, que pretende ser unha porta á participación na  vida cultural do noso Concello. Trataremos de dar a coñecer todas aquelas novas relacionadas coas actividades das bibliotecas, eventos culturais ou novas relativas á cultura e os libros. Pero para que a luz entre no noso furado queremos contar con vós. Entrade, e andemos todos aos grilos. Como primeira invitación, entre os días 20 e 31 de outubro inauguramos na Mediateca do Grilo a exposición “Crónicas da represión lingüística” que estará aberta no horario da Bilblioteca. Espero que vos guste.

Read Full Post »

Bibliotecas Municipais da Coruña

Benvido ao blog das nosas bibliotecas

A Grileira

Blog das Bibliotecas Municipais de Teo

WordPress.com

WordPress.com is the best place for your personal blog or business site.