Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘Literatura’ Category

Despois da posta en marcha da semana do libro co título “UN LIBRO UNHA APERTA” continuamos dende a Concellería de Cultura, Educación, Administración e Relacións Veciñais coas programacións telemáticas neste caso para todo o mes de maio co programa Festa dixital das letras teenses.

O obxectivo principal desta iniciativa é homenaxear e poñer en valor o noso, conmemorando de xeito virtual as letras na escrita e na oralidade que se foron espallando en Teo tanto antes do confinamento como durante este, e que estiveron e están presentes nas realidades das diferentes esferas culturais dunha boa parte do Concello de Teo.

Baixo o lema Festa dixital das letras teenses enmarcamos unha serie de accións culturais virtuais que xirarán arredor da recompilación, divulgación, conservación e a posta en valor das letras que se foron materializando, publicando e espallando polo noso territorio. Levaranse a cabo en colaboración de distintas entidades que axudan a tecer e medrar o noso Concello no eido educativo e cultural das letras como son: asociacións, colectivos, centros educativos, librerías, escritores e escritoras, contadores e contadoras, compañías teatrais e veciñanza en xeral. Estas publicaranse diariamente entre o 1 e o 31 de maio no https://www.facebook.com/bibliotecas.municipais.deteo/

A Festa dixital das letras teenses, pretende simbolizar a través das redes por unha banda o poder das letras na cultura do noso municipio, e pola outra a esperanza de retomar pouco a pouco cada unha destas actividades culturais cando superemos este escenario de crise. Con este programa quixemos enfiar unha boa parte destas iniciativas nestes momentos de semiapertura e envialas como un aloumiño cultural tanto ás familias como aos veciños e veciñas que están nas súas casas aínda co confinamento. Tamén quixemos tecer unha pequena homenaxe as entidades e persoas colaboradoras que tanta cultura levan sementando na nosa terra.

Dende esta Concellería creemos firmemente no talento da nosa cultura local, e seguiremos apoiando e apostando por ela. Cando todo isto pase, queremos volver a vernos de novo con máis forza que nunca nas asociacións, nas casas comúns, nas bibliotecas, nas librerías, nos teatros, nos auditorios, nas rúas, nas festas, nos eventos e demais espazos de cultura do noso Concello. Moitas grazas pola vosa colaboración, enviámosvos o noso ánimo, tranquilidade, solidariedade, comprensión e responsabilidade persoal e colectiva para todos e todas.

Podedes consultar a programación detallada e as entidades colaboradoras Podedes seguir o programa nas seguintes redes sociais:
Facebook: https://www.facebook.com/bibliotecas.municipais.deteo
Twitter: https://twitter.com/bibliosteo
Youtube: https://www.youtube.com/channel/UCKBI95wPtlBXkUqYI-51i3A

 

Read Full Post »

Xa podedes desfrutar cun dos libros que máis impacto está a ter, respaldado polo recente estreno da película.  Narra como unha guerra pola supervivencia deixa a Norteamérica dividida en 13 distritos controlados polo Capitolio, un lugar onde é posible ter todo o que un queira. Pero chegaron os Días Escuros, cando os distritos loitaron pola supervivencia e por saír da decadencia. O Capitolio, grazas as súas avanzadas tecnoloxías, consegue a sumisión de doce distritos e a aniquilación do decimoterceiro; e para que todo o mundo lembre que os Días Escuros non se deben repetir trae consigo “Los Juegos del Hambre”, unha sanguenta competencia na que un mozo e unja moza de cada distrito deben loitar a morte, sen normas: o que perde morre, o que gaña terá a fama de todo Panem e todas as riquezas inimaxinables.

Xa pasados setenta e catro anos dos Días Escuros, a xente de Panem está acostumada a traballar ata esgotarse e morrer, pero uns poucos valentes arriscanse a loitar e desafiar ao Capitolio; Katniss Everdeen, unha moza de 16 anos cruza todos os días a alambrada do Distrito 12 para cazar no bosque e comercializar as presas; a única saída para sobrevivir.

Na colleita dos participantes (ou tributos) dos septuaxésimo cuartos Xogos da Fame ofrecese voluntaria para salvar a súa irmá Prim dunha morte segura (quen sólo ten 12 anos); ela e o seu compañeiro de distrito, Peeta Mellark, se aventuran a unha area, onde poderían morrer en segundos: cada despiste é unha invitación á morte. Todo cambia cando Peeta e Katniss vense obrigados a finxir un amor para diversión do Capitolio, pero nun acto para quedar ambos superviventes, se ven vistos como iconas dos rebeldes. Ao chegar á area, os 24 competidores comezan unha loita de supervivencia onde solo un sobrevivirá.

Se queredes levar o libro, tédelo á vosa disposición na Mediateca do Grilo.

Read Full Post »

Un ano máis chega o 21 de marzo, establecido pola UNESCO como o día en que celebramos o Día da Mundial da Poesía. Dende as Bibliotecas Municipais de Teo queremos unirnos a esta celebración, e conscientes de que este xénero parece seguir a ser minoritario nos nosos préstamos queremos fornecer estos xéneros con centros de interese nas nosas axencias e deixando unha selección de lecturas para @s máis nov@s, para que dende pequenos podan desfrutar da súa lectura.  Hai moitos máis nas nosas Axencias. Entrade e desfrutade. FELIZ DIA DA POESÍA!!!!!!!!!

Read Full Post »

Hoxe na Biblioteca Nacional Sampedro recibirá esta distinción aos seus 94 anos pola la labor de la difusión da cultura e a imaxe de España no estranxeiro.Economista, escritor, catedrático de Estructura Económica, ex senador e membro da Real Academia Española dende 1990, José

José Luis Sampedro

Luis Sampedro (Barcelona, 1917) desenvolveu un intenso traballo. Salientamos algunhas das que fornecen os fondos das nosas axencias de lectura:
En novela:
Congreso en Estocolmo (1952)
El río que nos lleva (1961)
Octubre, octubre (1981)
La sonrisa etrusca (1985)
El amante lesbiano (2000)
Outros xéneros:
Conciencia del subdesarrollo (1973)
El mercado y la globalización(2002)

Read Full Post »

Xa está aquí o Entroido non noso Concello. Tras o frustrado intento de Oza, parece que este fin de semana Reis sí que poderá sacar á rúa os seus xenerais e os seus correos. Dende as Bibliotecas quere suxerir algúns títulos que poden servir de complemento a estas datas pensando n@s máis pequen@s.

Entroido en Teo

Entroido en Teo

Por suposto, debemos comezar pola aventura protagonizada polos coñecidos irmáns no noso Concello, onde debuxados polo lapis de Pepe Carreiro percorreron Teo para vivir o noso Entroido e participar nun divertido

atranque. Seguro que fará desfrutar aos máis pequen@s da casa (e tamén aos maiores).

 

Teo se disfraza

Teo se disfraza

¡Chegou o Entroido! Teo e os seus amigos preparan os disfraces. Teo se disfraza de galo, pero ten tan mala sorte que lle cae enriba un bote de pintura e se mancha da cabeza aos pes. Menos mal que tía Rosa está preto e ten solución para todo: o disfraz de galo convirtese nun disfraz de espantallo. Os nenos acoden cos seus disfraces ao desfile de entroido.Teo descobre o mundo é unha ampla colección na que Teo presenta diferentes escenas da vida cotidiá. Da man de Teo, o neno poderá identificarse cos diversas situacións, e revivirá o mundo que o rodea.
Todolos títulos da colección teñen unha guía didáctica destinada a entreter ao neno á vez que estimula a súa curiosidade e creatividade.

 

Mini en Carnaval

Mini en Carnaval

A Mini gustalle ir ó colexio, pero gustarialle moito máis se Cornelio non se rira dela nin a chamara ‘‘larguirucha’‘. Se achegan as festas de entroido e Maxi ten unha estupenda idea.

 

 

 

 

 

 

Os Bolechas van de Entroido

Os Bolechas van de Entroido

Nesta aventura, a familia Bolechas preparase para a súa particular celebración do Entroido

 

 

 

 

 

 

El Carnaval de los animales

 

El Carnaval de los animales

Unha colección para ler e escoitar coa mellor música para nenos, xovenes e maiores. O volume inclúe CD.

¡Chegou o Entroido! ¡O nunca visto e oído! ¡É o ano das feras!
Versión ao castelán e tratamento didáctico de Fernando Palacios con música de Camille Saint-Saëns. as ilustracións son  de Laura Terré.

Agardamos que vos gusten e sobre todo… A DESFRUTAR DO ENTROIDO!!

Read Full Post »

O próximo sábado 12 de febreiro ás 18:00 horas no Centro Sociocultural da Ramallosa, poderedes desfrutas do concerto- espectáculo infantíl A Nena e o

A Nena e o Grilo

Grilo. Este espectáculo pertence á campaña En clave de conto que OQO editora realiza para o programa Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración co Concello de Teo.

As 10 primeiras familias que cheguen ao concerto do día 12 poderán anotarse gratuitamente no obradoiro Eu falo así. O obradoiro parte da canción “Cri-cri”, do disco A nena e o grilo, para identificar as distintas linguas nas que se canta o tema (inglés, francés, portugués, castelán, éuscaro…) e o seu idioma principal, o galego. Está pensado para nen@s de entre 3 e 5 anos.

Read Full Post »

Segunda parte das suxerencias de lecturas con tema navideño, neste caso pensadas para os pequenos da casa:

Noite de Reis en Kalpankalá

Aquel Nadal do derradeiro ano do século ía ser diferente para todos os nenos da cidade de Viladeteixo tanto para os barrios máis ricos coma para os dos barrios máis pobres. Kalpankalá. Papá Noel e os Reis Magos son vítimas dun estraño roubo, que só pode ser resultado dunha das xenialidades da avoíña estrafalaria coñecida por todos co alcume de Rosana Patacola.

Os Bolechas festexan o Nadal

A famila Bolechas prepárase para poder celebrar as festas do Nadal por tódolo alto procurando que non se escape ningún detalle. Descubre como colocan a árbore de Nadal, as trasnadas que acontecen na cea o cómo reciben a visita de Papa Noel cos seus agasallos. Algún dos Bolechas terán este ano carbón por portarse mal?. Para averigualo teredes que ler esta aventura desta singular familia…

Kika superbruxa e o feitizo do Nadal

Que te divirtas con Kika Superbruxa! Desde que un bo    día atopou un libro de maxia a carón da súa cama, a Kika encántalle facer feitizos, aínda que a verdade é que ás veces os seus esconxuros teñen consecuencias inesperadas. Que emoción! O Nadal está a piques de chegar! Pero cando Kika comproba que por todas as partes aparece calquera cousa menos o espírito do Nadal, leva unha boa decepción… A xente só pensa en mercar, mercar e mercar, e todo o mundo está nervioso, antipático e de mal humor! Cómo é posible?Menos mal que Kika ten un plan: Un verdadeiro feitizo do Nadal!

Read Full Post »

Antes de nada felicitar as festas a tod@s e desexarvos o mellor para o ano que entra. Dende as nosas bibliotecas deixamosvos estas propostas de obras relacionadas dunha maneira ou outra con estas datas para tódalas idades….

Noite de reis; A tempestade / William Shakespeare

Na divertida comedia Noite de reis, escrita probablemente nos inicios do século XVII, William Shakespeare emprega recursos  moi propios da época, coma os disfraces e os malentendidos, coa habilidade do mestre que sabe manexar o azar e o enredo á perfección para lograr engaiolar ao seu público. A tempestade, que forma parte do mesmo volume, é a derradeira e xenial peza do autor. Intensa e máxica parábola sobre os enigmas da existencia, posúe unha significación que transcende a mesma realidade e é obra dun auténtico e inigualable poeta.

Cuento de navidad / Charles Dickens

Cuento de Navidad es sin dudas una de las obras clásicas de la literatura universal. Considerado el relato de la Navidad por excelencia existen multitud de ediciones. Una de las versiones más maravillosas es ésta en formato álbum, que cuenta con las extraordinarias ilustraciones de Roberto Innocenti. Las imágenes de Innocenti consiguen retratar magistralmente la época victoriana, añaden un especial atractivo a la ya de por sí recomendable lectura de la escalofriante y fantástica historia del avaro
Scrooge y su descubrimiento del espíritu navideño.
El niño Jesús ha nacido en Belén. El ángel Gabriel lo anuncia y todo el mundo quiere presentarse ante él para adorarlo.  Entre ellos, toda una legión de ángeles, representados por colores, que están deseando jugar con el pequeño.
Recreación del misterio, ideal para ser representada en Navidad o leída en cualquier época del año.
La musicalidad del verso, así como su perfecta construcción formal, facilitará el aprendizaje en el pequeño lector además de constituir en sí mismo un juego, apoyado por el colorismo de las divertidas imágenes.
Haberá máis propostas para os vindeiros días. Felices Festas e felices lecturas!!

Read Full Post »

Conmemoramos esta semana o compromiso que toda a sociedade temos que ter fronte a Violencia de Xénero. Diversas Concellarías de Teo e Departamentos están a promover actividades de concienciación para rematar por fin con estas atrocidades que poñen de loito con demasiada frecuencia a nosa realidade.  Deixamos neste post as máis salientables:

  • Mércores 24 ás 19:00 horas terá lugar unha charla do Doutor Rosendo Bugarín, médico de familia do Centro de saude de Calo, na Antiga escola da Tomada- A Igrexa-Calo sobre aspectos sanitarios da violencia de xénero.
  • Xoves 25 ás 17:30 a presentación do II Plan de Igualdade do Concello e logo a proxección do documental “Señora de” no Salón de Plenos do Concello
  • Venres 26 ás 21:00 na Mediateca do Grilo, a actuación musical de Paloma Suances
  • Sábado 27 ás 20:00 no Centro sociocultural da Ramallosa, a representación teatral de “Acto imprevisto”.
Durante toda a semana habrá diversos actos nos centros educativos do Concello para seguir traballando coa  xuventude nun cambio na ideoloxia e na actitude cara esta problemática.
Tamén dende as Bibliotecas Municipais do Concello queremos unirnos na loita contra esta lacra a través dun Centro de Interese no que mostramos documentos dos nosos fondos que tratan esta realidade dende diveros aspectos. Así, unha parte  estará adicada ao maltrato en sí contra as mulleres dunha maneira máis teórica. Unha segunda sección centrarase naquelas obras de ficción que tratan este tema, en diferentes franxas de idade. Aquí deixamos algunhas das obras que podedes consultar:

SOS: MI CHICO ME PEGA PERO YO LE QUIERO: COMO AYUDAR A UNA CHICA QUE SUFRE LOS MALOS TRATOS EN SU PAREJA

Este libro pOde ser de gran aXuda para ti ou calquera persona do teu entorno, especialmente se es xoven e sofres maltrato na parella. Podense correxir mitos e ideas erróneas que ainda hoxe existen sobre a denominada violencia de xénero e descubrir as principais sinais de alarma cando comeza unha relación de maltrato que pode ter graves consecuencias na saúde psicolóxica, afectivo-sexual e física das personas que a sofren. Así, nesta obra analizan algúns casos reflexados nos medios de comunicación españoles e se inclúen testemuñas de xóvenes que superaron de forma positiva o maltrato na parella. Asimesmo, o autor propón pautas para a prevención, un plan de autoprotección personal e de valoración do risco, e orientacións sobre qué convén facer e non facer en situacións de maltrato, cando é necesario solicitar axuda psicolóxica especializada e por qué é moi eficaz a asistencia a grupos de apoio psicolóxico para poder voltar a vivir feliz sen malos tratos.

SOS…MUJERES MALTRATADAS

A través de testemuñas e casos reais, neste libro se esboza cómo se sinte a muller maltratada. Con base no coñecemento práctico na materia e aportando información actualizada, nesta obra se expón de forma clara qué é a violencia doméstica,  amsanse as distintas formas de violencia contra as mulleres e tambén as ideas erróneas sobre este grave problema social. Se describen os signos que alertan sobre a posible existencia de violencia de xénero e sobre a súas consecuencias. Tambén, porque é fundamental, se aborda a conducta dos maltratadores. A obra aporta de manera explícita e novedosa os distintos programas terapéuticos creados para estes casos, que van dende as intervencións de urxencia,  os programas de terapia individual ou grupal con mulleres maltratadas. Tambén se inclúen os novidosos obxetivos e métodos de traballo terapéutico cos agresores. Así mesmo, se inclúen cuestionarios de singular relevancia que permiten evaluar o grao de peligrosidade no que se atopa a víctima e a escala de gravidade dos síntomas do estrés postraumático.

TEO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Neste documento audiovisual recóllense os distintos recursos que traballan no Concello en atallar a violencia machista.


MEMORIAS DE UNA GEISHA

Unha conmovedora historia que ten cautivado a millóns de lectores dos cinco continentes e que inspirou a película producida por Steven Spielberg.
Nesta maravillosa novela escoitamos as confesións de Sayuri, unha das máis fermosas geishas do Xapón de entreguerras, onde ainda resoaban os ecos feudais e onde as tradicións ancestrais empezaban a convivir cos modos occidentais.
Da man de Sayuri entraremos nun mundo secredo dominado polas pasións e sostido polas apariencias, no que a sensualidade e a beleza non poden separarse da degradación e o sometemento: un mundo no que as xóves aspirantes a geishas son duramente adestradas na arte da seducción, no que a súa virxinidade se vende ao mellor postor e donde ten que convencerse de que, para elas, o amor non é máis que un espellismo.

ESA EXTRAÑA VERGÜENZA

Obra galardoada co premio “Leer es vivir” na súa edición 2003, modalidade xuvenil, polo seu carácter literario e o seu certeiro argumento, actual e intrigante de principio a fin.
Un home abusa da xoven Marina no ascensor da súa casa e este feito desata sentimentos e pon de manifiesto a personalidade dos distintos membros dunha familia. Un retrato centrado na figura da nai, muller respetada, coñecida e volcada no seu traballo de xornalista, que se pregunta se é feliz e reflexiona sobre a vida e o feito de que os fillos, chegado o momento, pensen e decidan por eles mesmos.
Marina sofre durante o relato esa extraña vergoña que nos anuncia o título da obra, pero ela, a diferencia de quenes a rodean e de Candela, que tambén ten un secredo que contarnos, se enfronta con valentía aos feitos e decide evitar que outras mulleres do seu vecindario teñan que avergoñarse dalgo do que non son culpables.
Rabia contida, consuelo e agarimo, vergoña, responsabilidade e valentía. Sentimentos entrelazados que descubriremos nun texto áxil e ameno, moi cercano ao público xuvenil. Tambén, a través dos personaxes, atoparemos na novela reflexións sobre a inmigración e o papel dos ancianos na sociedade.
a súa autora, Luchy Núñez, tarraconense, é xornalista, colabora en diversos medios e revistas culturais e foi galardoada en varias ocasións pola súa labor literaria e o seu traballo xornalístico.

O PERFUME

Jean-Baptiste Grenouille ten a súa marca de nacemento: non despide ningún olor. Ao mesmo tempo posúe un olfato prodixioso que lle permite percibir tódolos olores do mundo. Dende a miseria na que nace, o protagonista escala posicións sociais convirténdose nun afamado perfumista. Crea perfumes capaces de facerlle pasar inadvertido ou inspira simpatía, amor… Para obter estas fórmulas debe asasinar a xóves rapazas vírxes, obter fluidos corporais e licuar os seus olores íntimos. A súa arte se convirte nunha suprema e inquiedante prestidixitación.

PALABRAS ENVELENENADAS

¿Qué pasou con Bárbara Molina? Nunca se atopou o seu corpo nin se consigiron probas para deter a ningún culpable. Unha llamada a un móbil pon patas arriba o destino de moitas personas: o dun policía a piques de xubilarse, o dunha nai que perdeu a esperanza de atopar a súa filla desaparecida, o dunha rapaza que traiciononou á súa mellor amiga.
Palabras envelenadas é unha crónica dun día trepidante, vivido a contrarreloxo e protagonizado por tres personas cercanas a Bárbara Molina, desaparecida misteriosa e violentamente cando tiña quince años. Un enigma que, despois de catro anos sen resolverse, vai  verse sacudido por novas claves. As veces, a verdade permanece oculta na escuridade e sólo se alumiña ao abrir unha fiestra.
Unha historia de mentiras, segredos, enganos yefalsas apariencias que pon o dedo na iaga sobre mitos incuestionables. Un relato escalofriante que disecciona a hipocresía da sociedade española moderna. Unha denuncia valente dos abusos sexuais infantiles, as súas devastadoras consecuencia e a súa invisibilidade neste mundo benpensante noso.

Read Full Post »

Nestas datas estámonos a achegar ás festividades de Samaín (ou Halloween para os norteamericanos)  que  afondan as súas raíces na mesma orixe común, que non é outra que o Samhain celta que se celebraba hai varios centos de anos. Aínda que estas festas se volveron celebrar dende hai uns anos, hai relativamente pouco tempo que se recuperou o Samaín como tal sen a clara influencia estadounidense, pois está documentalmente probado que en Galicia se celebraba o Samaín celta ata fai tan só 30 anos. Sabemos tamén que os celtas desfrutaban dunha semana de festas adicadas ao Samaín e que remataba coa festa dos “espíritos” e que a tradición de tallar as cabazas está relacionada co culto á morte.De aí que o Samaín teña como claro emblema a cabaza e, en xeral, sexa tempo dado a contos de medo, lendas e demáis relatos terroríficos.

Por iso dende as Bibliotecas Municipais vos convidamos a que compartades algunha destas historias cos vosos amigos e sobre todo que pasedes un SAMAÍN DE MEDO!!!!! e para contribuir a isto decidimos preparar centros de interese nas nosas Axencias arredor desta festividade e unha palabra que vai ligada: O medo.

Así na Mediateca do Grilo poderedes ver penduradas do teito algunhas obras que cremos que poden ser un bó acompañamento nestas datas dende contos para nenos con monstros que están moi alonxados de dar medo ás máis terroríficas historias contemporáneas, pasando por clásicos da Literatura ou por lendas e historias da tradición oral. Agardemos que vos gusten e desfrutade deste Samaín.

Read Full Post »

Older Posts »

Bibliotecas Municipais da Coruña

Benvido ao blog das nosas bibliotecas

A Grileira

Blog das Bibliotecas Municipais de Teo

WordPress.com

WordPress.com is the best place for your personal blog or business site.