Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘Outras actividades’ Category

Día 9. Traemos un autor moi especial. Bonifacio Suárez que desenvolveu parte da súa vida laboral en Calo. Como mestre exerceu na escola da Rúa de Francos entre 1931 e 1942 e como empregado do ferrocarril foi xefe de estación de Osebe.Tamén foi poeta escribindo poesías íntimas e otras para pechar actos sociais, como os “brindos” que lles dedica a amigos seus ante algún acto para homenaxealos.Tamén realizou letras de cancións para o coro-orfeón da agrupación Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, cantares para as comparsas de Entroido de Calo e para os grupos que no Nadal percorrían a parroquia cantando a panxoliña. No noso fondo local contamos co volume no que David Otero Fernandez, a iniciativa do seu neto Xosé Ramón Quintáns Suárez, e publicado pola Fundación Amigos De Galicia, recompilou parte da súa poesía. Na ficha, queremos salientar a fotografía na Escola da Rúa de Francos (ca. de 1933) de Bonifacio Súárez e o seu alumnado, que foi coloreada polo encargado do Arquivo Municipal Pablen Compostela Teo cuns resultados espectaculares

Bonifacio Suárez na Festa Dixital das Letras Teenses

Hoxe sábado chegan á Festa dixital das letras teenses, as letras máis revindicativas de todo o Concello de Teo nos últimos anos da man da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos As súas letras plásmanse nunha ampla axenda en forma de manifestacións, recollida de sinaturas, pancartas, campañas como a de “véndese”, stands, de berros polas estradas e polas rúas con cadeas humanas e andainas, das súas representativas camisetas, de debates electoriais, de centos de reunións, alegacións, festivais, concertos, videoclips, etc ao ritmo das guitarras e de pateadas, que son sen dúbida as letras que con máis forza se sinten no noso Concello e nas que máis xente participa. As letras dunha veciñanza que loita forte e contundente por unha terra mellor, a través dun cambio de letra, para divulgar e concenciar ás persoas afectadas (dende Compostela á ría de Arousa) pola pretendida implantación do proxecto da planta de reciclaxe da empresa Toysal na canteira da Casalonga.

Presentamos aquí este vídeo que nos envían, onde agradecen a colaboración das Asociacións Teenses que sempre están ó seu carón, e onde participa o alumnado da Escola Unitaria da Casalonga do Cra de Teo esa canteira de veciños e veciñas máis pequenos que cos seus debuxos dan ideas para un futuro mellor e para a unha Casalonga limpa de residuos. Que as súas letras claras e firmes se espallen por todos os recunchos do Concello e da comarca para abrirnos os ollos para loitar por un concello e unha terra con porvir.

Read Full Post »

Día 8. Hoxe traemos un xornalista, profesor universitario autor de libros de ensaio, viaxes, novela e director de máis de oitenta documentais e serie de TV, Valentín Carrera. Contamos cun importante fondo nas Bibliotecas Municipais de Teo, pois fixo unha doazón na BM do Grilo-Cacheiras de diversos materiais. Recuperamos dentro da súa ampla bibliografía Riosil, premio Blanco Amor 1990 onde narra como en embarcou no porto de Marín cos mariñeiros galegos do buque As cara ao Gran Sol e no inverno seguinte participou como cronista na Primeira Expedición Española á Antártida. Escrita «á maneira de Truman Capote», despois de ler A sangre fría, como entón lle suxeriu o editor Víctor Freixanes, esta novela é o relato veraz e crú daquelas experiencias mariñeiras. A versión en castelán conserva o título orixinal do autor, La puta mar.

Valentín Carrera na Festa Dixital das Letras Teenses

Na Festa das letras dixitais teenses a proposta chega dende o Arquivo Municipal, da man do seu responsable Pablen Compostela Teo que invita a que coñezamos un dos alcades históricos do noso Concello.
“José Sánchez Villamarín foi un polifacético persoeiro que revolucionou a sociedade galega decimonónica. Enxeñeiro agrónomo, avogado, activista republicano, escritor, empresario, editor, foron só algunhas das súas facetas vitais. Na súa traxectoria política destacou por presidir a corporación teense (1854 – 1855) e a Compostelá (foi alcalde durante a Primeira República). Xunto con Martiño Noriega, son os únicos que tiveron a honra de exercer como rexedores en ambos concellos.
De ideoloxía liberal e republicana foi un dos representantes máis sobranceiros do federalismo rexionalista, presidente do Comité Democrático Progresista de Santiago de Compostela, que mesmo chegou a presentar unha proposta para un Estatuto de Galicia que non tivo éxito. Ocupou tamén un papel importante no seo da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela, ocupando o posto de Vicepresidente da entidade. Destacou polo seu activismo en diferentes proxectos, sendo o principal impulsor da primeira liña ferroviaria de Galicia, Conxo – Carril, para unir “Arousa e Compostela”. A súa vinculación con “esta liña central de Galicia” continuou como membro do consello de administración da compañía do “Ferro-Carril Compostelano de la Infanta Doña Isabel”. Nas súas verbas o ferrocarril compostelano “ten que producir o efecto de converterse no eixo da contratación e da vida mercantil de tan populosa e importante comarca”, sen “ter que depender da relación desa sogra madrasta da Coruña” (Gaceta de Galicia, 27/03/1888).
No concello teense inicia a súa vida política a mediados do s. XIX e tamén salienta como importante propietario e industrial, foi o dono dun gran curtidoiro que estivo situado nas Galanas.
Porén, alcanzou grande popularidade pola súa faceta “ocultista”, converténdose nun dos líderes do Grupo Espiritista de Santiago. Un feito que lle ocasionaría numerosas críticas de persoeiros e colectivos sociais e culturais da época, que o criticaban polo seu suposto sectarismo e alcumaban como o “abogado chiflado” (Menéndez Pelayo). Lonxe de preocuparlle, defendeu ata o seu pasamento o espiritismo de cariz cristiá.
Como editor e baixo o pseudónimo de Niram-Alliv (Villamarín ó revés) publica a obra “Aldrete, o los espiritistas españoles del siglo XVII”, un pequeno libro que recuperaba o traballo dun dos precursores do espiritismo penínsular, o médico Luis de Aldrete, cuxos libros foron prohibidos pola Inquisición. O libro de Villamarín tamén sufriu o rexeitamento da “curia” compostelá mais provocou o efecto contrario ó pretendido polo cabido e non tardaron en aparecer novas edicións deste curioso libro que podedes descargar na súa versión dixital dende a Biblioteca Nacional:
http://iapsop.com/…/1877__niram-alliv___aldrete_o_espiritis…
J.S.V. faleceu en 1892, sendo soterrado no cemiterio da Confraría da Nosa Señora do Rosario do Convento de San Domingos de Bonaval, da cal era confrade.

Cadro de José Sánchez Villamarín, Vicepresidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País. Autor: José María Fernández (JMF). Finais do s. XIX. Fondos da RSEAP

Acta plenaria do concello de Teo do 8 de xaneiro de 1857 presidida polo licenciado José Sánchez Villamarín. Sig. AMT. 1.6

Read Full Post »

Día 7. Dende A Ribeira-Cacheiras, traemos a Otilia Seijas, mestra, escritora e columinista en distintos xornais. Presentamos unha obra na que acheogouse á Literatura infantil da man de Ir Indo: “Cuentos de pocas lunas” formado por unha serie de relatos, distintos uns doutros, pero cunha temática en común: a Natureza

Otilia Seijas na Festa Dixital das Letras Teenses

Chegamos a metade da semana da Festa das letras dixitais teenses da man da Asociación Aspamite Asociación de Pais de Persoas con Diversidade Funcional de Teo que no mes de febreiro presentou o seu libro “NÓS”. Nesta terceira edición que publican recóllense unha compilatoria de relatos escolares a prol da inclusión e a diversidade social escritos en galego, que corresponden coas letras gañadoras dos Concursos literarios que se foron convocando nestes últimos sete anos. Este libro mostra a calidade literaria e artística cos debuxos na que os nenos e nenas expresan e transmiten sentimentos positivos , de sensibilización e recoñecemento social cara ao colectivo de Aspamite. Grazas a esta asociación por tantos anos de traballo para visualizarse e da que tanto aprendemos, e nos que día a día tentan de inculcar a normalidade dentro da diversidade, porque todos somos iguais e como eles dín “Somos capaces”.
Dentro de pouco podedes consultar este libro nas nosas bibliotecas, ou solicitar un exemplar poñendovos en contacto con a Aspamite a través do teléfono 629322601 ou do correo electrónico aspamite@aspamite.org

Read Full Post »

Día 6. Turno de Xosé María Lema Suárez, veciño do Sisto e historiador, etnógrafo e escritor. Nas nosas bibliotecas contamos cun importante fondo deste autor (moito doado polo propio Lema) das diversas temáticas que tratou. Hoxe recuperamos a súa obra en narrativa, Costa do solpor unha trepidante revisitación da Illa do Tesouro que foi merecente en 2014 do Premio da Crítica Galicia de creación literaria

Xosé María Lema na Festa Dixital das Letras Teenses

Contínuamos coa Festa dixital das Letras teenses e neste caso as letras veñen do CEIP A Ramallosa que paralelamente a actividade lectiva online que están a facer, realizan cousas tan produtivas no confinamento como este video-conto elaborado polo profesorado e alumnado do ciclo de Ed. Infantil titulado “O virus León”, moi bonito e interesante. Imos descubrilo…

 Tamén deixannos unha video-creación que fixo o profesorado e demais profesionais deste centro, que adicou ao alumnado e as familias do centro a causa do confinamento, para enviar ánimos o alumnado e sentirse máis cerca das familias que nunca. Aplauso grande para a familia dos ramalloseir@s!!!!!!

Read Full Post »

Día 5. Día 5. Dende Calo, hoxe traemos a Pilar Buela, escritora, historiadora e docente, cunha intensa actividade dende a directiva da Asociación A Oliveira para a Recuperación Histórica. No 2003 Sotelo Blanco publicou “Ácaros Verdes” que foi merecente do Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta no 2003 e do Arcebispo San Clemente.O libro narra o que sucedeu no búnker de Hitler en Berlín coa Guerra a piques de rematar dende a perspectiva de dúas mulleres: Eva Braun e Magda Goebbels, as donas do nazismo -unha, exhibida como propaganda do réxime; outra, silenciada como un segredo do poder-, dúas vidas distintas e un mesmo destino. Pero, ¿que facían alí?, ¿que buscaban?, ¿que esperaban?, ¿que tortos camiños as conduciran a inmolarse xunto con Hitler e o seu lugartenente?. Podedes desfrutalo no fondo local das nosas bibliotecas

Hoxe nas Festa Dixital Teense acompáñannos as pandereteiras Aldomir da A.C. A Mámoa de Luou – Teo que interpretan a Xota de Camariñas adaptado coa axuda de Fernando Saavedra (@Nando Saa) os poemas galegos de Lorca. Unhas fermosas letras musicadas e cantadas na voz das pandereteiras de Aldomir.
https://www.facebook.com/acamamoa/videos/498969057220180/

Read Full Post »

Día 4. Turno para Antón Dobao, veciño dos Verxeis-Oza. Escritor , tradutor e cineasta, con traballos en poesía, narrativa e unha intensa labor como cineasta arredor do proxecto Un mundo de historias. Recurperamos do noso fondo local As ilusións estrañas, editado por Galaxia no 2014. “Os contos que forman este libro de Antón Dobao son diferentes entre si pero todos teñen en común unha arela por transitar zonas prohibidas. A perda é unha constante destes relatos, a sensación de final —case apocalíptica— é outra das atmosferas que pairan sobre As ilusións estrañas. Un xogo de luces e sombras que, ao esvaeceren, deixan á vista unha realidade distinta do que en principio aparentaba.
A fronteira entre o real e o imaxinario, ese territorio no que a realidade parece que perde a súa consistencia, é o lugar onde aniñan As ilusións estrañas.(Texto de Editorial Galaxia)”

Na festa das Letras tamén temos un oco para as letras musicais. Neste caso ven da man da Banda de Música de Calo , que durante esta situación excepcional continuou a súa andaina dende a casa, ensaio tras ensaio, e agasalláronos coa montaxe deste vídeo tan fermoso. Como ben din eles aínda estando lonxe estaban máis cerca que nunca, e compuxeron esta peza como un canto esperanzador que remata coas verbas de “Sentíndonos tran preto, aínda estando lonxe”. Moitas grazas e moita música.
https://www.facebook.com/BandaDeMusicaDeCalo/videos/888803544894042/.

Read Full Post »

Día 3 do repaso a autores e autoras teenses. Hoxe tócalle o turno a Gonzalo R. Mourullo. Natural de Balcaide, foi unha das figuras claves na Nova Narrativa Galega coas súas obras Nasce unha árbore e Memorias de Taíns, que marcan o inicio deste movemento. Deixou a literatura para centrarse na súa carreira que levouno a ser un xurista moi recoñecido. Traemos dende o fondo local das Bibliotecas Municipais de Teo, a reedición que Galaxia fixo das súas obras.

Gonzalo R. Mourullo na Festa Dixital das Letras Teenses

Dende a Festa das letras dixitais Teenses aproveitamos para felicitar hoxe e tódolos días do ano ás nais, avoas, bisavoas, madriñas, tías, e en xeral a todas aquelas mulleres que estiveron e están ao carón dos nosos nenos e nenas acompañándoos no seu día a día de crecemento persoal. A vosa educación é sen dúbida a mellor escola que un pode ter no camiñar da vida. Para celebrar este día queríamos regalarvos a calor das letras dunha nai teense Lola Fernández de Balcaide, que escribe, debuxa e conta contos para a súa pequena dende fai moitos anos para fomentarlle o gusto pola lectura e para que lle sirva para a súa educación. A súa filla Nerea, curiosamente naceu fai 12 anos no primeiro domingo maio no que se celebraba tamén o día da nai, e foi o mellor regalo que Lola puido ter na vida. Nerea medrou entre os contos e cantarelas de súa nai que pouco a pouco foron forxando nela esta habilidade de enfiar as letras e os debuxos para crear contos, historias, relatos … e que paseniñamente empezou a construír coa súa nai a catro mans. Nai e filla, tamén colaboran publicando os seus contos nun proxecto de Xavier Frías Conde, co fin de recadar fondos para a Casa Buho de Manabí (Ecuador) para converter un contenedor en biblioteca e sala de cinema para os cativos desa zona. Os seus microrrelatos pódense consultar no blog deste escritor: https://cantaelbuho.blogspot.com/…/03/seis-microcuentos.html.

Neste día tan especial queremos agasallarvos con dous microcontos da súa colección Érase unha vez… que son: Érase unha vez…unha noite e Érase unha vez…un barco

Agardamos que vos gusten e que os disfrutedes neste día tan especial

Read Full Post »

Older Posts »

Bibliotecas Municipais da Coruña

Benvido ao blog das nosas bibliotecas

A Grileira

Blog das Bibliotecas Municipais de Teo

WordPress.com

WordPress.com is the best place for your personal blog or business site.