Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘Outras actividades’ Category

A Concellaría de Educación, Igualdade e Benestar organiza en colaboración coa Deputación de A Coruña unha serie de Obradoiros que se impartirán na Casa Común de Os Tilos (ao lado da Piscina Municipal). Estas actividades irán dirixidas a persoas maiores de 60 anos e persoas de máis de 50 anos (que sexan pensionistas). Os criterios para a selección serán:

  1. Persoas de maior idade
  2. Pensionistas de máis de 50 anos
  3. Persoas que on teñan asistido o ano anterior a esta actividades.

Programa de actividades

Se quedan vacantes, cubriranse con aquelas persoas que non pertenzan a estes colectivos, tendo preferencia as de máis idade e despois as persoas que non tivernan asistido no ano anterior.

Os obradoiros son os que seguen:

  • Activarte: Consiste en talleres dinámicos de expresión de calquera tipo (artístico, persoal, emocional…), para desnvolver a intelixencia emocional e as relacións interpersoais. Faranse exercicios que estimulen as facultades creativas e aprenderanse técnicas para dar forma ás creacións. Non é preciso ter coñecemento previo de ningunha disciplina artística. O horario será os martes e xoves de 11.00 a 12.00. Será de 15 prazas.
  • Bolillos: Os Mércores de 18:30 a 20:30 horas. Serán 10 prazas.
  • Manualidades: Os xoves de 17.00 a 19.00 horas. As prazas serán 15.

O prazo de inscrición será de 11 a 30 de abril podendose apuntar a través de Servizos Sociais (981 80 97 00) ou persoalmente no propio local en horario de tarde (16:30 a 20:30). O comezo das actividades será o 3 de maio.

Read Full Post »

O Salón de plenos do Concello acolle a mesa redonda “Envellecemento, dependencia e mulleres. Nacidas para coidar?” na que participan a médica Esperanza Casas, a avogada Mª Jesús Loredo e a traballadora social Mónica Mella. Trátase dunha das actividades organizadas con motivo da celebración do 8 de marzo. Máis información premendo aquí .

Read Full Post »

Cartel de cursos para CELGA

Cartel de cursos para CELGA

O Concello de Teo, a través do Servizo de Normalización Lingüística, abre un prazo de preinscripción nos cursos CELGA, de lingua galega, ata o vindeiro 24 de febreiro.

O prazo de preinscripción ten como finalidade determinar se hai un número suficiente de demandantes que xustifique a realización do curso, xa que segundo establecen os requisitos da Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Concello non poderá solicitar os cursos daqueles niveis nos que non se chegue ao 20 alumnos/as interesados/as.

Os cursos son gratuítos, teñen unha carga lectiva de 75 horas e comezarán no mes de abril rematando antes do 16 de xuño. O horario previsto é de luns a xoves de 20 a 22:30 horas e impartiranse no IES de Cacheiras.As persoas interesadas deben poñerse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Teo, polos seguintes medios:

  • telefónicamente chamando ao 981 81 57 00
  • a través do enderezo electrónico politicalinguistica@concellodeteo.com
  • nas oficinas situadas no Centro Sociocultural da Ramallosa (xunta á Casa do Concello)

Deberán facilitar os seguintes datos:

  • nome completo
  • DNI
  • teléfono de contacto
  • nivel de curso CELGA que desexa cursar

Read Full Post »

O próximo sábado 12 de febreiro ás 18:00 horas no Centro Sociocultural da Ramallosa, poderedes desfrutas do concerto- espectáculo infantíl A Nena e o

A Nena e o Grilo

Grilo. Este espectáculo pertence á campaña En clave de conto que OQO editora realiza para o programa Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración co Concello de Teo.

As 10 primeiras familias que cheguen ao concerto do día 12 poderán anotarse gratuitamente no obradoiro Eu falo así. O obradoiro parte da canción “Cri-cri”, do disco A nena e o grilo, para identificar as distintas linguas nas que se canta o tema (inglés, francés, portugués, castelán, éuscaro…) e o seu idioma principal, o galego. Está pensado para nen@s de entre 3 e 5 anos.

Read Full Post »

Xa tedes á vosa disposición as actividades da Aula de Informática da Ramallosa para o vindeiro trimestre. Como en anteriores convocatorias os prazos irán dende o 24 de xaneiro a 4 días antes de comezar a actividade. Para poder tomar partes nestas actividades deberá cubrirse a ficha de inscrición (poderá solicitarse no Rexistro do Concello, na propia Aula, na Mediateca de Grilo ou descargándoa da web do Concello). A continuación presentarse na Rexistro do Concello co pagamento das taxas (15 euros por curso para o primeiro membro da familia, que descenderán a 10 para o segundo e 5 para os seguintes). Terán preferencia aquelas persoas empadroadas no Concello de Teo. No caso de que as actividades superen o número de prazas realizarase un sorteo 3 días antes quedando as listas expostas no taboleiro da Aula.

Os curso serán os seguintes:

QUENDA DE MAÑÁ (tódolos días agás os mércores)

  • Curso de iniciación a Internet: para maiores de 16 anos sen coñecementos de informática. Irá do 31 de xaneiro a 11 de febreiro en horario de 10:30 a 12:30 (total de 16 horas)
  • Curso de iniciación á informática: para maiores de 16 anos sen coñecementos de informática. Irá do 15 de febreiro a 11 de marzo en horario de 10:30 a 12:00 (total de 15 horas)
  • Word: para maiores de 16 anos con coñecementos básicos de informática. Irá do 10 a 25 de marzo en horario de 10:30 a 12:00 (total de 15 horas)
  • Powerpoint: para maiores de 16 anos con coñecementos básicos de informática. Irá do 28 de marzo ao 4 de abril en horario de 10:30 a 12:30 (total de 10 horas)
  • Ferramentas do buscador Google: para maiores de 16 anos con coñecementos básicos de informática. Irá do 7 ao 15 de abril en horario de 10:30 a 12:00 (total de 9 horas)

QUENDA DE TARDE (luns, mércores e xoves)

  • Redes sociais. Facebook: Maiores de 14 anos con coñecementos básicos de Internet e cunha conta de correo electrónico. Do 31 de xaneiro a 10 de febreiro (18:00 a 19:30 con 9 horas lectivas).
  • Creación e organización de carpetas: Maiores de 16 anos sen coñecementos de informática.Do 16 a 23 de febreiro (18:00 a 19:30 con 6 horas lectivas).
  • Iniciación á fotografía dixital e ó seu retoque: Preferentemente mulleres maiores de 16 anos con coñecementos básicos de informática e Internet e que dispoñan dunha cámara fotográfica. Do 28 de febreiro a 10 de marzo (18:00 a 20:00 con 10 horas lectivas).
  • Compras on-line:Maiores de 16 anos sen coñecementos de Internet. Do 14 de a 17 de marzo (18:00 a 20:00 con 6 horas lectivas).
  • Xestións telemáticas: Maiores de 16 anos sen coñecementos de Internet. Do 21 de a 31 de marzo (18:00 a 19:30 con 9 horas lectivas).
  • Dispositivos de almacenamento portátil: Maiores de 16 anos scon coñecementos de informática. Do 4 ao 7 de abril (18:00 a 19:30 con 5 horas lectivas).

Para máis información, contactar coa Aula de Informática a través do correo electrónico auladeinformatica@concellodeteo.com ou dos teléfonos 981 81 57 oo (extensión 216) en horario de mañá e 606 98 48 41 en horario de tarde.

Read Full Post »

Xa pasado o Nadal, voltamos ao calor da nosa Grileira para combater con boas lecturas e propostas culturais o frío do inverno. E para estar máis acorde co tempo no que estamos, cambiamos a nosa cabeceira cunha fermosa fotografía tomada da páxina web do Concello.

Xan e Perillán de Consello de Galeg@s Ilustres

Para entrar en calor, o sábado 29 de xaneiro, ás 18:00 horas no Centro Sociocultural da Ramallosa poderemos desfrutar do espectáculo Xan e Perillán de Consello de Galeg@s Ilustres. Xan e Perillán son moi iguais, mais tamén poden ser moi distintos… Trátase dun canto de amor á Terra e á diversidade no ecosistema apto para idade de 5 anos en diante.

Elaborouse este conto respondendo a unha demanda para as campañas de prevención de incendios “Non queimes o monte” da Consellaría de Medio Rural, para visitar centros de infantil e primaria no curso 2006-2007.

Read Full Post »

Como tódolos anos cando se achegan estas datas a Concellaría de Cultura e Deportes sumérxese de cheo no espírito navideño a través do NADALTEO. A continuación deixamos unha mostra das múltiples actividades para desfrutar dende xa e ata o 9 de xaneiro.

XANEIRO 2011

  • 2 de xaneiro. Xornadas de deporte en familia. Pista multideporte de Calo. A partir das 16:00 horas.
  • 3 de xaneiro. Teatro. Os 7 Magníficos+1 coa obra Mañá será outro día. Centro Sociocultural da Ramallosa. 20:00 horas. Público familiar
  • 5 de xaneiro. Cabalgata de Reis. Chegada á estación de Osebe e visita a Calo (local S.R), Pontevea (Local A Pontevella), Os Tilos (Centro Comercial), Cacheiras (local Rosalía de Castro) e recpción oficial no Pavillón Ezequiel Mosquera da Ramallosa.
  • 7 de xaneiro. Clausura das actividades de Diverteo. Colexio de Calo, Os Tilos e A Ramallosa
  • 8 de xaneiro. Teatro. A Contrabutaca Producións presenta A horta animada. Centro Sociocultural da Ramallosa. 18:00 horas. Público Infantil

Read Full Post »

« Newer Posts - Older Posts »

Bibliotecas Municipais da Coruña

Benvido ao blog das nosas bibliotecas

A Grileira

Blog das Bibliotecas Municipais de Teo

WordPress.com

WordPress.com is the best place for your personal blog or business site.