Para rematar o Festeo en liña desta semana contamos con catro catro titáns de
asociacións do tradicional como son A Ponte Vella de Reis , A Mámoa de Luou , a S.R. de San Xoán de Calo e a Rosalía de Castro de Cacheiras , que nos mostrarán como sempre o seu talento no eido do folclore.
Damos paso xa a Asociación a A Ponte Vella de Reis que nos trae nesta ocasión unha achega explicativa sobre o espectáculo de raíz “Galicia, terra de LENDA”. Esta actuación emerxe dun equilibrio entre o teatro, baile e música tradicionais, e nel cobra vida un seleccionado repertorio de lendas, crenzas e costumes da nosa terra. Neste vídeo podemos ver unha reportaxe moi coidada e traballada sobre este proxecto tan interesante:
Continuamos coa A Mámoa de Luou da man do grupo de gaitas Suasebe dirixido por Edelmiro Fernández que nos traen unha peza de autor: A Xota muxicas do gaiteiro xa falecido Nazario González tamén coñecido como Moxenas. Unha preciosa actuación musical que foi gravada no confinamento e que hoxe poderemos desfrutar aquí:
Dende a S.R. de San Xoán de Calo envíannos unha bonita representación da Muiñeira de Merexo interpretada polo grupo de baile Adail. Que non pare o baile nun día de festa como hoxe!
Poñemos o broche final deste domingo de Festeo coa actuación de Rosalía de Castro de Cacheiras que nos trae do seu grupo titular de baile a Jota de Lira, un Tango da Illa de Ons, a Moliñeira e Jota dos Ancares e a Muiñeira e maneo de Cabaleiros, catro pezas de baile que nos dan a despedida do Festeo deste fin de semana ata o vindeiro venres.