Feeds:
Artigos
Comentarios

Posts Tagged ‘Baobab Teatro’

Padrón. Os camiños da cultura

Este sábado haberá dúas actividades na Casa Común de Os Tilos (ao lado da piscina municipal). Na sala de Actividades, o Concello de Teo co patrocinio da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña presenta a esposición “Padrón: Os camiños da cultura” na que través de 15 paneis e vitrinas, a se realiza un percorrido cronolóxico pola historia da vila e unha análise de cómo xorde a tradición xacobea nun concello que é punto de referencia neste aspecto, pois nel conflúen dous dos principais camiños de peregrinación a Santiago: o Portugués e o da Traslatio.

A exposición explica a …orixe do nome da vila no “pedrón” romano que aínda se conserva no baixo o altar maior da Igrexia de Santiago e no que, segundo conta a lenda, os discípulos de Santiago ataron a barca que traía o corpo do apóstolo dende Palestina, que comezou en Padrón a súa peregrinación por terra cara a Compostela.

Os visitantes poderán entender e afondar na relevancia deste feito a través da historia, da heráldica, e de diversos documentos como as Cartas de Privilexio que todos os reis, dende Fernando II ata Felipe V, concederon á vila padronesa por ser o lugar de amarre da Barca Apostólica.

A exposición permanecerá aberta en horario de 16:30 a 20:30 h dende o sábado 2 de abril ata o sábado 16.

Contos para un caldiño

 

 

Ás 17:30 horas do sábado 2 de abril os máis pequenos poderán desfrutar dunha sesión de contacontos infantil que leva por título “Contos para un caldiño” de Baobab Teatro.

Para máis información, contactar coa Concellaría de Cultura e deportes no teléfono 981 81 57 00

Advertisements

Read Full Post »

Bibliotecas Municipais da Coruña

Benvido ao blog das nosas bibliotecas

A Grileira

Blog das Bibliotecas Municipais de Teo

WordPress.com

WordPress.com is the best place for your personal blog or business site.