Feeds:
Artigos
Comentarios

Posts Tagged ‘Cleopatra’

Nestes días saltou á prensa unha nova que parecía ser un paso de xigante no campo da Exiptoloxía e no dos estudos históricos en xeral: a exiptóloga dominicana Kathleen Martínez cre ter atopado a que puidera ser a tumba da Raíña Cleopatra e Marco Antonio. De ser certo, hai quen afirma que este descubrimento pode ter unha repercusión semellante á que tivo Howard Carter ao atopar á de Tutankamon en 1922.

Pero deixando aparcados estes intereses históricos, nas Bibliotecas Municipais de Teo gústanos centrarnos en Cleopatra como personaxe tanto literario como cinematográfico. Porque non hai dúbida que a súa figura serviu de inspiración a escritores, pintores, directores… que buscaron reflexala den de distintas visións. Como esquecer a historia de amor na pantalla encarnada por Elizabeth Taylor no film de Joseph L. Mankiewicz ou a recreación da mesma historia de amor escrita por Terenci Moix en “No digas que fue un sueño”. Mais probablemente o primeiro achegamento á Raíña de Exipto de moitos de nós veu pola banda deseñada no álbum das aventuras dos máis famosos galos en “Asterix e Cleopatra”. Por todo este misterio que envolve a Cleopatra e a todo o Antigo Exipto decidimos crear un centro de interese centrado nesta cultura con aquelas obras que consideramos poden ser do interese de ususarios de distintas idades. Así, na Mediteca do Grilo recomendamos:

Tamén hai á disposición dos nosos usuarios números da revista “Arqueología” na que se abordan temas relacionados co Antigo Exipto dende diversos puntos de vista.

Agardamos que esta proposta sexa do voso agrado e non dubidedes en consultar ó noso persoal sobre outras obras relacionadas co tema.

Read Full Post »

Bibliotecas Municipais da Coruña

Benvido ao blog das nosas bibliotecas

A Grileira

Blog das Bibliotecas Municipais de Teo

WordPress.com

WordPress.com is the best place for your personal blog or business site.