Feeds:
Artigos
Comentarios

Posts Tagged ‘clube de lectura’

Como primeiro título desta andaina que agardamos que nos depare moitas e boas lecturas, escollemos “Enderezo descoñecido”. Esta novela, representa un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro se nos fai patente ao longo da correspondencia entre os 2 personaxes, amigos e socios dunha galería de arte en California.
Aclamada pola crítica de todo o mundo, foi considerada polo The New York Times Book Review    como a denuncia máis efectiva que se pode facer contra o nazismo en literatura de ficción. É a perfección mesma. Despois de ser traducida a múltiples linguas euroepas, Xerais ofrécea dentro da súa colección Narrativa en traducción de Emma Lázare Rodríguez.
Cando Enderezo descoñecido se publicou por 1ª vez en 1938 causou gran sensación pola crueza coa que expoñía diante da opinión pública norteamericana o veleno do nazismo dende os seus inicios. Axiña obtivo vendas espectaculares e foi editada en Inglaterra e traducida a outras linguas, sendo considerada como unha obra perfecta. En 1939, a traducción holandesa desapareceu das librerías e, coincidindo coa ocupación nazi, a única presencia da novela en Europa foi na lista de libros prohibidos do Reichskommisar. A historia permaneceu descoñecida no continente durante sesenta anos máis, malia o impacto e o gran éxito que acadara nos Estados Unidos e Inglaterra. Trala súa reedición en 1995, para conmemorar o cincuenta aniversario da liberación dos campos de concentración, chegou ás mans de Henri Dougier, o editor francés da revista Autrement, quen decidiu publicala convencido da súa importancia para as víctimas do nazismo e para toda a comunidade europea. A partir de entón, a novela foi traducida ao italiano, hebreo, alemán, grego, noruegués, sueco, danés, portugués, español e catalán.
Escrita en forma epistolar pola norteamericana Kressman Taylor, Enderezo descoñecido conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en California, Max Eisenstein, xudeu estadounidense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi.

Comezamos este luns a partires das 20.15 na Cafetería  Vavei (fronte ao Che 2)

Advertisements

Read Full Post »

Bibliotecas Municipais da Coruña

Benvido ao blog das nosas bibliotecas

A Grileira

Blog das Bibliotecas Municipais de Teo

WordPress.com

WordPress.com is the best place for your personal blog or business site.