Feeds:
Artigos
Comentarios

Posts Tagged ‘Cursos’

A Concellaría de Educación, Igualdade e Benestar organiza en colaboración coa Deputación de A Coruña unha serie de Obradoiros que se impartirán na Casa Común de Os Tilos (ao lado da Piscina Municipal). Estas actividades irán dirixidas a persoas maiores de 60 anos e persoas de máis de 50 anos (que sexan pensionistas). Os criterios para a selección serán:

  1. Persoas de maior idade
  2. Pensionistas de máis de 50 anos
  3. Persoas que on teñan asistido o ano anterior a esta actividades.

Programa de actividades

Se quedan vacantes, cubriranse con aquelas persoas que non pertenzan a estes colectivos, tendo preferencia as de máis idade e despois as persoas que non tivernan asistido no ano anterior.

Os obradoiros son os que seguen:

  • Activarte: Consiste en talleres dinámicos de expresión de calquera tipo (artístico, persoal, emocional…), para desnvolver a intelixencia emocional e as relacións interpersoais. Faranse exercicios que estimulen as facultades creativas e aprenderanse técnicas para dar forma ás creacións. Non é preciso ter coñecemento previo de ningunha disciplina artística. O horario será os martes e xoves de 11.00 a 12.00. Será de 15 prazas.
  • Bolillos: Os Mércores de 18:30 a 20:30 horas. Serán 10 prazas.
  • Manualidades: Os xoves de 17.00 a 19.00 horas. As prazas serán 15.

O prazo de inscrición será de 11 a 30 de abril podendose apuntar a través de Servizos Sociais (981 80 97 00) ou persoalmente no propio local en horario de tarde (16:30 a 20:30). O comezo das actividades será o 3 de maio.

Read Full Post »

O Pop na fin do mundo.

Esta vai ser unha semana de actividade intensa na Mediateca. O venres día 8, haberá unha charla que leva por título “A Pop na fin do mundo. Unha introdución ao Rock galego” a cargo de XavierValiño na que se tratará sobre este xénero musical na nosa terra. A charla irá acompañada dunha exposición con fotografías feitas polo propio autor en concertos ao vivo. Será a partir das 20:00 horas e a exposición estará aberta no horario de apertura da Mediateca.

Para o sábado poderemos desfrutar dun curso de Arrolos impartido por Ugia Pedreira e Rosa Bugallo. Achegamento a dez nanas galegas cantadas por Ugia Pedreira, con explicación sociolóxica e práctica en grupo.
Serán dez cantos de berce de autor e de composición propia coas que se fará unha análise antropolóxica e social sobre os valores expostos nos textos e nas melodías.  As persoas asistentes escoitarán a unha das voces máis recoñecidas da canción galega actual, aprenderán as melodías e as letras dunha selección de dez nanas do cancioneiro popular galego-portugués, ou outras coma “Nana para un amante” (Fuxan os Ventos), “Durme

Curso de arrolos

meu neno” (letra de Antón Avilés de Taramancos),…. Tratarase tamén o significado da voz e o seu poder emocional
tanto no útero como nos primeiros anos de vida. No fin do curso os pais e nais compoñerán a súa propia canción de arrolo para cantarllela aos seus pequenos. O curso consta de 4 horas en dúas sesións de 2 horas cada unha. A primeira sesión será o sábado 9 de abril de 11:00 a 13:00 e a 2ª sesión a determinar polos asistentes.
Para participar é necesario facer unha inscrición previa antes do 9 de abril, ben na Mediateca do Grilo ou no Departamento de Cultura, pois o aforo é limitado a 25 persoas. Pódelo facer persoalmente ou chamando ó 981806400 – 981815700 (ext:214) ou no enderezo electrónico: cultura@concellodeteo.com

Read Full Post »

Xa tedes á vosa disposición as actividades da Aula de Informática da Ramallosa para o vindeiro trimestre. Como en anteriores convocatorias os prazos irán dende o 24 de xaneiro a 4 días antes de comezar a actividade. Para poder tomar partes nestas actividades deberá cubrirse a ficha de inscrición (poderá solicitarse no Rexistro do Concello, na propia Aula, na Mediateca de Grilo ou descargándoa da web do Concello). A continuación presentarse na Rexistro do Concello co pagamento das taxas (15 euros por curso para o primeiro membro da familia, que descenderán a 10 para o segundo e 5 para os seguintes). Terán preferencia aquelas persoas empadroadas no Concello de Teo. No caso de que as actividades superen o número de prazas realizarase un sorteo 3 días antes quedando as listas expostas no taboleiro da Aula.

Os curso serán os seguintes:

QUENDA DE MAÑÁ (tódolos días agás os mércores)

  • Curso de iniciación a Internet: para maiores de 16 anos sen coñecementos de informática. Irá do 31 de xaneiro a 11 de febreiro en horario de 10:30 a 12:30 (total de 16 horas)
  • Curso de iniciación á informática: para maiores de 16 anos sen coñecementos de informática. Irá do 15 de febreiro a 11 de marzo en horario de 10:30 a 12:00 (total de 15 horas)
  • Word: para maiores de 16 anos con coñecementos básicos de informática. Irá do 10 a 25 de marzo en horario de 10:30 a 12:00 (total de 15 horas)
  • Powerpoint: para maiores de 16 anos con coñecementos básicos de informática. Irá do 28 de marzo ao 4 de abril en horario de 10:30 a 12:30 (total de 10 horas)
  • Ferramentas do buscador Google: para maiores de 16 anos con coñecementos básicos de informática. Irá do 7 ao 15 de abril en horario de 10:30 a 12:00 (total de 9 horas)

QUENDA DE TARDE (luns, mércores e xoves)

  • Redes sociais. Facebook: Maiores de 14 anos con coñecementos básicos de Internet e cunha conta de correo electrónico. Do 31 de xaneiro a 10 de febreiro (18:00 a 19:30 con 9 horas lectivas).
  • Creación e organización de carpetas: Maiores de 16 anos sen coñecementos de informática.Do 16 a 23 de febreiro (18:00 a 19:30 con 6 horas lectivas).
  • Iniciación á fotografía dixital e ó seu retoque: Preferentemente mulleres maiores de 16 anos con coñecementos básicos de informática e Internet e que dispoñan dunha cámara fotográfica. Do 28 de febreiro a 10 de marzo (18:00 a 20:00 con 10 horas lectivas).
  • Compras on-line:Maiores de 16 anos sen coñecementos de Internet. Do 14 de a 17 de marzo (18:00 a 20:00 con 6 horas lectivas).
  • Xestións telemáticas: Maiores de 16 anos sen coñecementos de Internet. Do 21 de a 31 de marzo (18:00 a 19:30 con 9 horas lectivas).
  • Dispositivos de almacenamento portátil: Maiores de 16 anos scon coñecementos de informática. Do 4 ao 7 de abril (18:00 a 19:30 con 5 horas lectivas).

Para máis información, contactar coa Aula de Informática a través do correo electrónico auladeinformatica@concellodeteo.com ou dos teléfonos 981 81 57 oo (extensión 216) en horario de mañá e 606 98 48 41 en horario de tarde.

Read Full Post »

Xa están en marcha os novos cursos da Aula de Informática da Ramollasa. As actividades levaranse a cabo entre outubro do 2010 e Xaneiro do 2011, quedando aberto o prazo de inscrición 0 13 de outubro e quedando pechado tres días antes de cada curso.

Os destinatarios son tódalas persoas maiores de 16 anos e empadroadas no Concello de Teo, sendo necesarias un mínimo de 5 participantes para realizar a actividade (en caso de haber máis solicitudes ca prazas realizarase un sorteo público 3 días antes do comezo da actividade quedando expostas as listas na Aula).

Para formalizar a inscrición (que se pode recoller na aula, na Mediteca, no Rexistro Xeral do Concello ou descargala da páxina web do Concello) debedes cubrir a ficha e presentala no Rexistro do Concello, e tras confirmar que xa figura como admitido na actividade facer pagamento das taxas (15 euros para o 1º membro da unidade familiar, 10 para o 2º e 5 para o terceiro e sucesivos) entregando o xustificante.

Os curso dispoñibles son os seguintes:

Iniciación á Informática

Do 18 ao 29 de outubro de 10:30 a 12:00 (15 h)

Iniciación ao procesador de textos WORD

Do 15 ao 25 de novembro de 10:30 a 12:15 (16h.). Necesítanse coñecementos básicos de informática.

Iniciación ao programa de presentacións POWERPOINT

Do 29 de novembro ao 3 de decembro de 10:30 a 12:30 (10 h). Necesítanse coñecementos básicos de informática

Iniciación á Internet

Do 13 ao 22 de decembro de 10:30 a 12:30 (16 h)

Iniciación ao programa de cálculo EXCEL

Do 12 ao 20 de xaneiro de 10:30 a 12:30 (14 h). Necesítanse coñecementos básicos de  informática.

Para calquera dúbida ou consulta podedes dirixirvos á Aula de Informática presencialmente ou a través do teléfono (981 815 700 en horoaio de mañás ou 606 984 841 en horario de tarde). Tmaén tedes á vosa disposición o email auladeinformatica@concellodeteo.com.

Read Full Post »

Bibliotecas Municipais da Coruña

Benvido ao blog das nosas bibliotecas

A Grileira

Blog das Bibliotecas Municipais de Teo

WordPress.com

WordPress.com is the best place for your personal blog or business site.