Feeds:
Artigos
Comentarios

Posts Tagged ‘Escritores’

Probablemente se fixeramos unha listaxe cos literatos máis famosos de tódolos tempos a nivel mundial, nos posto de cabeza aparecería William Shakespeare. A nivel popular calquera coñece algún título das súas obras (o que non quere dicir necesariamenta que a teña lido), foi levado ao teatro ou cinema en incontables ocasións con maior ou menor acerto… Entre estas obras seguramente sexa “Romeo e Xulieta” a que moitos darían como un dos títulos máis significativos no que a historias de amor se refire. E precisamente chama a atención unha nova aparecdida hoxe no diario El País co seguinte titular: ” Notas que viajan en el tiempo”. O artigo conta como milleiros de seguidores de Xulieta mandan as súas cartas á dirección desta en Verona contándolle as súas historias de amor. Deixando a un lado o que de recuperación do xénero epistolar ten este feito, non deixa de chamar a atención como un personaxe literario pode ter esa capacidade de chamada na realidade. Pero fora desta anécdota, a obra de Shakespeare non se fornece solo en protagonistas desta potencia, probablemente un dos seus grandes méritos sexa a galería de “secundarios” que pasean polas súas páxinas.

E é precisamante nestas figuras nas que Quico Cadaval e Mofa e Befa se apoian para levar adiante “Shakespeare para ignorantes” na que con maestría nos repasa de maneira particular esta galería de traidores, asasinos… que permite tamén, en certa forma repasar moita da psicoloxía humana. Así, Cadaval, na pel dun “experto shakesperiano” exerce de cicerone para repasar algúns pasaxes que son representados por Mofa e Befa. Temos pois unha proposta divertida e intelixente para ollar ás obras de Shakespeare dende unha óptica que nunca tiveramos pensado, e quizais para reflexionar un pouco sobre moitos dos comportamento que non están tan alonxados dos que nós temos na nosa realidade (aínda que con efectos no mellor dos casos moito menos teatrais).

Nada mellor que escoitar aos seus protagonistas para enterarnos un pouco máis do que poderemos desfrutar o venres 4 de xuño na Ramallosa (Teo):

En calquera caso, a nosa Rede de Bibliotecas quere axudarvos a coñecer un pouco máis (ou a revisitar) a este grande da Literatura, para o que recomendamos unha serie de títulos dos que dispoñemos nas nosas bibliotecas:

Read Full Post »

Hoxe a primeira hora da mañá saltaba a tódolos medios a nova da morte aos 89 anos tras unha longa enfermidade de Miguel Delibes. Sen dúbida as letras españolas perden unha figura clave do século XX, e lamentablemente debo dicir do século pasado porque a súa enfermidade privounos da súa prosa dende que en 1998 publicara a súa última obra: “El Hereje”.

Creo que moitos de nós afondamos na literatura con aqueles libros que tiñamos que ler no colexio ou no instituto; e entre estes figuraban con frecuencia os de Delibes: libros cunha linguaxe brillante que non impedía a sinxeleza e a precisión, libros que, como él mesmo afirmaba, xiraban sempre arredor de catro temas: a compaixón polos demais, a infancia, a morte e a Natureza. Probablemente conseguiu como moi poucos expresar os sentimentos das xentes do campo e a relación do home co medio. Xusto onte pola noite na 2 emitiron dou documentais sobre a outra figura que ensinou a varias xeracións a relacionarse coa Natureza e o Medio como foi Félix Rodríguez de la Fuente, o que non deixa de ser un deses guiños que ás veces nos fai a vida.

De todos modos, de Delibes sempres nos quedará a súa obra, e por este motivo dende as Bibliotecas Municipais de Teo invitamos a que vos acheguedes á súa obra e fagamos todos a maior homenaxe que se pode facer a un escritor, que é ler os seus libros.

Read Full Post »

Bibliotecas Municipais da Coruña

Benvido ao blog das nosas bibliotecas

A Grileira

Blog das Bibliotecas Municipais de Teo

WordPress.com

WordPress.com is the best place for your personal blog or business site.