Feeds:
Artigos
Comentarios

Posts Tagged ‘Miguel Delibes’

Hoxe a primeira hora da mañá saltaba a tódolos medios a nova da morte aos 89 anos tras unha longa enfermidade de Miguel Delibes. Sen dúbida as letras españolas perden unha figura clave do século XX, e lamentablemente debo dicir do século pasado porque a súa enfermidade privounos da súa prosa dende que en 1998 publicara a súa última obra: “El Hereje”.

Creo que moitos de nós afondamos na literatura con aqueles libros que tiñamos que ler no colexio ou no instituto; e entre estes figuraban con frecuencia os de Delibes: libros cunha linguaxe brillante que non impedía a sinxeleza e a precisión, libros que, como él mesmo afirmaba, xiraban sempre arredor de catro temas: a compaixón polos demais, a infancia, a morte e a Natureza. Probablemente conseguiu como moi poucos expresar os sentimentos das xentes do campo e a relación do home co medio. Xusto onte pola noite na 2 emitiron dou documentais sobre a outra figura que ensinou a varias xeracións a relacionarse coa Natureza e o Medio como foi Félix Rodríguez de la Fuente, o que non deixa de ser un deses guiños que ás veces nos fai a vida.

De todos modos, de Delibes sempres nos quedará a súa obra, e por este motivo dende as Bibliotecas Municipais de Teo invitamos a que vos acheguedes á súa obra e fagamos todos a maior homenaxe que se pode facer a un escritor, que é ler os seus libros.

Read Full Post »

Bibliotecas Municipais da Coruña

Benvido ao blog das nosas bibliotecas

A Grileira

Blog das Bibliotecas Municipais de Teo

WordPress.com

WordPress.com is the best place for your personal blog or business site.