Ven de aparecer nas pantallas dos nosos cines unha nova versión de Sherlock Holmes. Aínda non tivemos oportunidade de vela, pero polo que se pode ver nos avances da película parece estar máis próxima á estética dos cómics de superheroes que ao espírito que Arthur Conan Doyle deulle ao personaxe. Dende as Bibliotecas Municipais invitámosvos a que revisitedes as aventuras deste peculiar detective en papel, tal como as deixou o seu autor. Estamos seguros de que as desfrutaredes tanto ou máis que no seu formato audiovisual. Porque non hai dúbida que pese a tódolos anos pasados dende que saiu a rúa, Holmes segue a ter algo que atrapa a quen se acerca ao seu mundo, sen importar a idade que teña. Dende pequenos quixemos nalgún momento ter esa capacidade de deducción e non podiamos evitar o sentirnos un pouco como o seu inseparable Watson cando chegaba ao fondo dos misterios e pasaba a dar unha explicación que para nós semellaba fácil e obvia unha vez resolta. Sen dúbida esta estrea pode ser un bo pretexto para que todos os que coñeciamos a Holmes o recuperemos e todos aqueles que aínda non tiveron a oportunidade de lelo entren nese mundo de misterios con terribles cans, mentes malvadas ao servizo do crime e horas e horas dunha lectura que parece non deixarte marchar.
Así que aquí deixam0s algúns dos títulos que podedes ter á vosa disposición nas Bibliotecas Municipais. Agardamos a vosa visita:
Mediateca do Grilo
- O can do Baskerville
- El sabueso de los Baskerville
- O regreso de Sherlock Holmes
- Estudio en Escarlata
- Sherlock Holmes, detective
- As aventuras de Sherlock Holmes
- O último adeus
- O arquivo de Sherlock Holmes
- As memorias de Sherlock Holmes
- O signo dos catro
- Las aventuras de Sherlock Holmes
- El signo de los Cuatro
- De Oxford a las Cataratas de Reichenbach
ALM Os Tilos