Feeds:
Artigos
Comentarios

Posts Tagged ‘Non ficcion’

Aquí deixamos algunh a s das obras de diversos campos  que chegaron á Mediteca do Grilo:

 

MANUAL CRUZ ROJA PRIMEROS AUXILIOS

Este volume pretende ser unha ferramenta útil e práctica para todos aqueles interesados en coñecer as bases, fundamentais e técnicas dos primeiros auxilios. Mostra tamén as medidas de prevención elementais.
Tratase da quinta edición revisada dunha obra necesaria tanto nos fogares como nos lugares onde se poidan ocasionar accidentes: automóbiles, oficinas, centros de ensino, etc. As ilustracións facilitan a comprensión das técnicas.
Inclúe as últimas recomendacións do Consello Europeo de Resucitación, e un CD co taller multimedia de prevención de accidentes, de formación a distancia da Cruz Vermella.

 

 

PIONEROS DE LOS IMPOSIBLE: HITOS DE LA EXPLORACION CONTEMPORANEA

Dentro da vasta xeografía dos cinco continentes existiron sempre lugares teñidos cun aura de lenda, cuxa maxestuosidade, difícil acceso ou misterio desafiaron a sede de coñecemento e de experiencia do home. Na mellor tradición da literatura de viaxes, Javier Jaime rememora e relata cun pulo propio das novelas de aventuras as conquistas levadas a cabo por Pioneros de lo imposible, como os irmáns Schomburgk nas intrincadas selvas da Guaiana, Almásy no ardente deserto de Libia, Herzog nos cumios do Himalaia ou Shackleton no medio dos xeos antárticos. As peripecias de Burton e Speke, Stanley e Thesiger en afán por desentrañar los misterios del Nilo, el Congo y el Awash, míticos ríos africanos; la búsqueda de la roca de Alamut, en pleno corazón de Persia, pola indómita Freya Stark; os primeiros pasos dun occidental polo reino proibido de Mustang e os descubrimentos de Thor Heyerdahl na illa de Pascua completan este trepidante percorrido por dez dos máis apaixoantes fitos da exploración contemporánea.

 


MANS SALGADAS-SALTY HANDS-MANOS DESAL (ED. TRILINGÜE GALLEGO, INGLES, CASTELLANO)

Mans salgadas é un libro excepcional, un libro de fotografías sobre o mar e sobre a pesca realizadas polo fotógrafo Javier Teniente, un libro que supón unha auténtica radiografía creativa da identidade mariñeira de Galicia. De babor a estribor, de barlovento a sotavento, de popa a proa, o país está cruzado polo mar. Este monumental documento, esta vivísima obra de arte que é o libro de Javier Teniente penetra ese corazón mariño de Galicia e das súas xentes do mar. As de Javier Teniente son fotos cargadas de humanidade, de vida, de intensidade. O seu mar é un mar profundamente humano, doloroso e dolorido. Dos estaleiros á ardora da sardiña, do Gran Sol á costeira do bonito, dos estibadores aos percebeiros, do marisqueo á lonxa, Mans salgadas percorre todo o ciclo do mar, arrastrándonos ás súas entrañas cun certeiro golpe de vista, cun oportuno golpe de mar.  Mans salgadas leva un prólogo do escritor Fran Alonso, en versión trilingüe (galego-inglés-castelán) onde fai un percorrido literario polo mar a través da súa memoria persoal e familiar, o mar «desa Galicia que cheira a sal, ten ollos de mascato e mans de peixeira», ese mar que é «o mellor contador de contos que ninguén teña oído nunca», un mar que hoxe está a estragar esta desgraciada e salvaxe marea negra que deterioria gravemente as costas galegas e o seu sector pesqueiro.

 

IKEBANA: EL ARTE TRADICIONAL JAPONES DEL ARREGLO FLORAL

Inspirados no estilo tradicional xaponés e no deseño floral occidental, os singulares arranxos de Keiko conseguen aportar un toque perfecto e realmente único en calquera fogar.
Keiko Kubo aporta nesta obra un extraordinario enfoque do ikebana. Capaz de combinar as técnicas tradicionais xaponesas co gusto moderno occidental, Keiko aúna diversas influencias -que abarcan dende a escultura ata os estilos florais occidentais modernos- para crear arranxos florais únicos, auténticos, sinxelos e elegantes, que poden deleitar o gusto máis exixente e delicado.
Nas instruccións que se ofrecen ao longo das páxinas deste libro, cada arranxo floral se realiza por medio de tres pasos simples, empregando recipientes e elementos florais fáciles de atopar. Tamén inclúe unha introdución da historia do ikebana, e unha guía das súas regras e técnicas básicas.
KEIKO KUBO naceu no Xapón. Sendo ainda adolescente empezou a asistir a clases de ikebana coa súa nai, quen sempre o animou a estudar arte e a convenceu de que, se aprendía ikebana, podría crear obras de arte en cualquera rincón do mundo: sólo necesitaría un par de tixeiras e a súa imaxinación.Tras obter o título de profesora de ikebana, Keiko se trasladou aos Estados Unidos para continuar a súa formación artística.
ERIC SCHREMPP é fotógrafo especializado en imaxes ilustrativas. Podes ver as súas obras de arte e los encargos realizados en http://www.schremppstudio.com

 

CURSO COMPLETO DE DIBUJO Y PINTURA

Tódolos consellos e o que necesitas saber sobre as diferentes técnicas na pintura e o debuxo.


Read Full Post »

Bibliotecas Municipais da Coruña

Benvido ao blog das nosas bibliotecas

A Grileira

Blog das Bibliotecas Municipais de Teo

WordPress.com

WordPress.com is the best place for your personal blog or business site.