Feeds:
Artigos
Comentarios

Posts Tagged ‘Novedades’

A sección de narrativa para adultos da Mediateca do Grilo ven de fornecerse por obras interesantes:

Guerra y Paz de Leon Tolstói:

Guerra y paz é un clásico da literatura universal. Tolstói é, con Dostoievski, o autor máis grande que ten dado a literatura rusa. Guerra y paz traduciouse poucas veces ao español e a edición que presentamos é a mellor traducida e mellor anotada. Reeditado aquí nun formato máis grande e lexible a traducción de Lydia Kúper, a única traducción auténtica e maxistral do ruso que existe no mercado español. A traducción de Laín Entralgo publicouse hai máis de trinta anos e presenta deficiencias de traducción. A traducción de Mondadori fíxose en base a unha edición de Guerra y paz publicada hai uns anos para revender a novela pero é unha edición que non se fixo a partir do texto canónico, incluso ten outro final. A edición de Mario Muchnik contén uns anexos cun índice de todos os personaxes que aparecen na novela, un índice que desglosa o contido de cada capítulo e outro apéndice coa traducción de todos os fragmentos que no orixinal aparecen en francés.

Cometas en el cielo de Khaled Hosseini:

Sobre o fondo dun Afganistán respetuoso das súas ricas tradicións ancestrais, a vida en Kabul durante o inverno de 1975 se desenvolvese con toda a intensidade e o colorido dunha cidade confiada no seu futuro e ignorante de que se avecina un dos periodos máis cruentos e tenebrosos que padeceron os milenarios pobos que a habitan. Cometas en el cielo é a conmovedora historia de dous pais e dous fillos, da súa amizade e de cómo a casualidade pode cambiar o noso destino. Obsesionado por demostrarlle ao seu pai que xa é todo un home, Amir proponse gañar a competición anual de papaventos da forma que sexa, incluso a costa do seu inseparable Hassan, un hazara de clase inferior que é o seu criado e compañeiro de xogos dende a máis tenra infancia. A pesar do forte vínculo que os une, despois de tantos anos de haberse defendido mutuamente de todos os perigos imaxinables, Amir aproveitase da fidelidade sen límites do seu amigo e comete unha traizón que os separará de forma definitiva. Así, con apenas doce anos, o xoven Amir lembrará durante toda a súa vida aqueles días nos que perdeu un dos tesouros máis prezados do home: a amizade.

 La nieta del señor Linh de Philippe Claudel:

Unha fría mañá de novembro, tras unha penosa viaxe en barco, un anciano desembarca nun país que podería ser Francia, onde non coñece a ninguén e cuxa lingua ignora. O señor Linh fuxe dunha guerra que rematou coa súa familia e destrozado a súa aldea. A guerra rouboulle todo menos á súa neta, un bebé chamado Sang Diu, que na súa lingua significa «Maña doce», unha nena tranquila que durme sempre que o avó tararee o seu cantar de berce, a melodía que cantaron durante xeracións as mulleres da familia. Instalado nun piso de acollida, o señor Linh sólo se preocupa pola súa neta, a súa única razón de existir ata que coñece ao señor Bark, un home robusto e afable que perdeu a súa muller recentemente. Un afecto espontáneo xurde entre estos dous solitarios que falan distintas linguas, pero que son capaces de comprenderse en silencio e a través de pequenos xestos. Ambos se atopan regularmente nun banco do parque ata que, unha mañá, os servizos sociais conducen ao señor Linh a un hospicio que non está autorizado a abandonar. O señor Linh consegue, sen embargo, escapar con Sang Diu e adentrarse na cidade descoñecida, decidido a atopar ao seu único amigo. A súa coraxe e determinación conducirano a un inesperado desenlace, profundamente conmovedor.
Tras o enorme éxito de Almas grises, Philippe Claudel volve a causar un grande impacto con esta exquisita fábula sobre o exilio e a soidade, ou o que é o mesmo, a loita por preservar a identidade. O seu estilo narrativo extremadamente depurado, case que minimalista, marca un punto de inflexión na traxectoria de Claudel, gañador do Premio Renaudot 2003. La nieta del señor Linh foi recibida con entusiasmo en Francia, onde permanece nas listaxes dos libros máis vendidos dende a súa aparición. Eloxiada unánimemente pola crítica e o público, venderonse máis de 200 mil exemplares e se publicará en once linguas.

Martín Ojo de Plata de Matilde Asensi:

Para salvar a súa vida, aa joven Catalina Solís ten que adoptar a personalidade do seu irmán Martín Nevares, morto no Caribe durante unha abordaxe dos piratas ingleses á súa galera. Despois de dous anos nunha illa deserta e facéndose pasar por Martín, moi pronto transformase no contrabandista Martín Ojo de Plata. Así se inicia unha aventura que a levara ata a Sevilla imperial para entre outras cousas poder cumplir o xuramento feito ao seu pai adoptivo de rematar cunha importante familia de comerciantes a Indias, os Curvo.O contrabandista Martin Ojo de Plata e a elegante e resuelta Catalina, nos pasean polos finais do século XVI e o principio do XVII (pleno Século de Ouro) para mostrarnos toda a riqueza, miseria e complexidade que esa época conleva.Asensi coa súa maestria habitual transforma o aburrido descubrimento de América, as colonias e  o comercio entre os dous mundos, con pirateria incluida, nun relato de acción que, cun marco historico riguroso, desmonta moitos dos tópicos da época.Esta gran saga d Século de Ouro iniciase con Tierra firme e continúa con Venganza en Sevilla, e concluirá moi pronto cunha nova entrega, o esperado final que millóns de lectores agardan.

Read Full Post »

Xa podedes desfrutar cun dos libros que máis impacto está a ter, respaldado polo recente estreno da película.  Narra como unha guerra pola supervivencia deixa a Norteamérica dividida en 13 distritos controlados polo Capitolio, un lugar onde é posible ter todo o que un queira. Pero chegaron os Días Escuros, cando os distritos loitaron pola supervivencia e por saír da decadencia. O Capitolio, grazas as súas avanzadas tecnoloxías, consegue a sumisión de doce distritos e a aniquilación do decimoterceiro; e para que todo o mundo lembre que os Días Escuros non se deben repetir trae consigo “Los Juegos del Hambre”, unha sanguenta competencia na que un mozo e unja moza de cada distrito deben loitar a morte, sen normas: o que perde morre, o que gaña terá a fama de todo Panem e todas as riquezas inimaxinables.

Xa pasados setenta e catro anos dos Días Escuros, a xente de Panem está acostumada a traballar ata esgotarse e morrer, pero uns poucos valentes arriscanse a loitar e desafiar ao Capitolio; Katniss Everdeen, unha moza de 16 anos cruza todos os días a alambrada do Distrito 12 para cazar no bosque e comercializar as presas; a única saída para sobrevivir.

Na colleita dos participantes (ou tributos) dos septuaxésimo cuartos Xogos da Fame ofrecese voluntaria para salvar a súa irmá Prim dunha morte segura (quen sólo ten 12 anos); ela e o seu compañeiro de distrito, Peeta Mellark, se aventuran a unha area, onde poderían morrer en segundos: cada despiste é unha invitación á morte. Todo cambia cando Peeta e Katniss vense obrigados a finxir un amor para diversión do Capitolio, pero nun acto para quedar ambos superviventes, se ven vistos como iconas dos rebeldes. Ao chegar á area, os 24 competidores comezan unha loita de supervivencia onde solo un sobrevivirá.

Se queredes levar o libro, tédelo á vosa disposición na Mediateca do Grilo.

Read Full Post »

Os habitantes desta grileira imos pechar ata o 9 de decembro. Pero mentres andamos aos grilos queremos deixar unha suxerencia para ler. Para este grilo que fala unha das súas debilidades literarias é sen dúbida Paul Auster, polo que toda nova que nos chega á Biblioteca dun novo libro deste autor norteamericano é un motivo de alegría. En decembro Anagrama edita  Invisible e na páxina de El País xa podemos ler o seu primeiro capítulo. Pola miña banda xa estou ansioso por poder disfrutar do resto de páxinas.

Teño que dicir que esta admiraciónpor Auster ven de moi atrás pero quedei cautivado con El Libro de las ilusiones , sobretodo a idea dun home nunha depresión profunda diante da televisión e que de súpeto comeza a sorrir ao ver unha película de cine mudo. Paréceme un arranque ao mesmo tempo intrigante e cunha gran carga poética.

En fin, suxerimos dende a nosa Grileira que os que non coñezades a Auster fagades por descubrilo e os que sí que sabedes del sigades a telo en conta para telo nun lugar privilexiado das vosas lecturas.

Se tedes interés, nas nosas biliotecas temos algunhas das súas obras anteriores. Así, podedes levar en empréstito:

Podedes consultar a dispoñibilidade nos catálogos correspondentes.

Ata a volta e felices lecturas

Read Full Post »

Bibliotecas Municipais da Coruña

Benvido ao blog das nosas bibliotecas

A Grileira

Blog das Bibliotecas Municipais de Teo

WordPress.com

WordPress.com is the best place for your personal blog or business site.