Feeds:
Artigos
Comentarios

Posts Tagged ‘Os Bolechas’

Xa está aquí o Entroido non noso Concello. Tras o frustrado intento de Oza, parece que este fin de semana Reis sí que poderá sacar á rúa os seus xenerais e os seus correos. Dende as Bibliotecas quere suxerir algúns títulos que poden servir de complemento a estas datas pensando n@s máis pequen@s.

Entroido en Teo

Entroido en Teo

Por suposto, debemos comezar pola aventura protagonizada polos coñecidos irmáns no noso Concello, onde debuxados polo lapis de Pepe Carreiro percorreron Teo para vivir o noso Entroido e participar nun divertido

atranque. Seguro que fará desfrutar aos máis pequen@s da casa (e tamén aos maiores).

 

Teo se disfraza

Teo se disfraza

¡Chegou o Entroido! Teo e os seus amigos preparan os disfraces. Teo se disfraza de galo, pero ten tan mala sorte que lle cae enriba un bote de pintura e se mancha da cabeza aos pes. Menos mal que tía Rosa está preto e ten solución para todo: o disfraz de galo convirtese nun disfraz de espantallo. Os nenos acoden cos seus disfraces ao desfile de entroido.Teo descobre o mundo é unha ampla colección na que Teo presenta diferentes escenas da vida cotidiá. Da man de Teo, o neno poderá identificarse cos diversas situacións, e revivirá o mundo que o rodea.
Todolos títulos da colección teñen unha guía didáctica destinada a entreter ao neno á vez que estimula a súa curiosidade e creatividade.

 

Mini en Carnaval

Mini en Carnaval

A Mini gustalle ir ó colexio, pero gustarialle moito máis se Cornelio non se rira dela nin a chamara ‘‘larguirucha’‘. Se achegan as festas de entroido e Maxi ten unha estupenda idea.

 

 

 

 

 

 

Os Bolechas van de Entroido

Os Bolechas van de Entroido

Nesta aventura, a familia Bolechas preparase para a súa particular celebración do Entroido

 

 

 

 

 

 

El Carnaval de los animales

 

El Carnaval de los animales

Unha colección para ler e escoitar coa mellor música para nenos, xovenes e maiores. O volume inclúe CD.

¡Chegou o Entroido! ¡O nunca visto e oído! ¡É o ano das feras!
Versión ao castelán e tratamento didáctico de Fernando Palacios con música de Camille Saint-Saëns. as ilustracións son  de Laura Terré.

Agardamos que vos gusten e sobre todo… A DESFRUTAR DO ENTROIDO!!

Advertisements

Read Full Post »

Segunda parte das suxerencias de lecturas con tema navideño, neste caso pensadas para os pequenos da casa:

Noite de Reis en Kalpankalá

Aquel Nadal do derradeiro ano do século ía ser diferente para todos os nenos da cidade de Viladeteixo tanto para os barrios máis ricos coma para os dos barrios máis pobres. Kalpankalá. Papá Noel e os Reis Magos son vítimas dun estraño roubo, que só pode ser resultado dunha das xenialidades da avoíña estrafalaria coñecida por todos co alcume de Rosana Patacola.

Os Bolechas festexan o Nadal

A famila Bolechas prepárase para poder celebrar as festas do Nadal por tódolo alto procurando que non se escape ningún detalle. Descubre como colocan a árbore de Nadal, as trasnadas que acontecen na cea o cómo reciben a visita de Papa Noel cos seus agasallos. Algún dos Bolechas terán este ano carbón por portarse mal?. Para averigualo teredes que ler esta aventura desta singular familia…

Kika superbruxa e o feitizo do Nadal

Que te divirtas con Kika Superbruxa! Desde que un bo    día atopou un libro de maxia a carón da súa cama, a Kika encántalle facer feitizos, aínda que a verdade é que ás veces os seus esconxuros teñen consecuencias inesperadas. Que emoción! O Nadal está a piques de chegar! Pero cando Kika comproba que por todas as partes aparece calquera cousa menos o espírito do Nadal, leva unha boa decepción… A xente só pensa en mercar, mercar e mercar, e todo o mundo está nervioso, antipático e de mal humor! Cómo é posible?Menos mal que Kika ten un plan: Un verdadeiro feitizo do Nadal!

Read Full Post »

Onte na Casa Común de Oza tivo lugar a presentación do novo álbum dos Bolechas que ten como protagonista ao Concello de Teo. A través das peripecias desta simpática familia creada por Pepe Carreiro os máis peques da casa poden coñecer os rincóns máis significativos do noso municipio. Desfrutade coas súas aventuras.

http://picasaweb.google.es/Bibliosteo/Bolechas

Read Full Post »

Bibliotecas Municipais da Coruña

Benvido ao blog das nosas bibliotecas

A Grileira

Blog das Bibliotecas Municipais de Teo

WordPress.com

WordPress.com is the best place for your personal blog or business site.