Feeds:
Artigos
Comentarios

Posts Tagged ‘Plataforma Casalonga Limpa de Residuos’

Abrimos o segundo día do Festeo coa asociación máis festivaleira a Asociación Cultural Lúa Chea e a máis revindicativa de todo Teo a  Plataforma Casalonga limpa de Resíduos.

A Asociación Lúa Chea organizadora do coñecido festival Música na Noite, que se celebra  cada primeiro fin de semana de xullo no campo de San Domingo na parroquia teense de Calo. Pero ademáis deste festival esta asociación organiza moitas actividades que son menos coñecidas pero igual de interesantes, entre unha delas están as andainas que fan polo roteiro da Batalla de Cacheiras das cales nos mandan un resumo neste vídeo:

A Plataforma Casalonga limpa de Resíduos é a siguiente protagonista deste día, unha entidade que leva dende o 2018 loitando de xeito forte e contundente en contra da pretendida implantación do proxecto da planta de reciclaxe da empresa Toysal na canteira da Casalonga. As actividades que levan feito son moi numerosas e  plásmanse nunha ampla axenda en forma de manifestacións, recollida de sinaturas,  pancartas,  campañas como a de “véndese”,  stands,  de berros polas estradas e polas rúas con cadeas humanas e andainas, das súas representativas camisetas, de debates electoriais, de centos de reunións, alegacións,  festivais,  concertos,  videoclips, etc ao ritmo das guitarras e de pateadas que se reflicten neste vídeo  que nos envían aquí cunha canción que teñen a modo de himno da plataforma Únete. Esta canción foi  creada polo grupo musical da Casalonga Deseqilibrio Mental . Vamos alá a escoitala e a ver o vídeo onde nos explican parte das cousas que fan:

Read Full Post »

Día 9. Traemos un autor moi especial. Bonifacio Suárez que desenvolveu parte da súa vida laboral en Calo. Como mestre exerceu na escola da Rúa de Francos entre 1931 e 1942 e como empregado do ferrocarril foi xefe de estación de Osebe.Tamén foi poeta escribindo poesías íntimas e otras para pechar actos sociais, como os “brindos” que lles dedica a amigos seus ante algún acto para homenaxealos.Tamén realizou letras de cancións para o coro-orfeón da agrupación Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, cantares para as comparsas de Entroido de Calo e para os grupos que no Nadal percorrían a parroquia cantando a panxoliña. No noso fondo local contamos co volume no que David Otero Fernandez, a iniciativa do seu neto Xosé Ramón Quintáns Suárez, e publicado pola Fundación Amigos De Galicia, recompilou parte da súa poesía. Na ficha, queremos salientar a fotografía na Escola da Rúa de Francos (ca. de 1933) de Bonifacio Súárez e o seu alumnado, que foi coloreada polo encargado do Arquivo Municipal Pablen Compostela Teo cuns resultados espectaculares

Bonifacio Suárez na Festa Dixital das Letras Teenses

Hoxe sábado chegan á Festa dixital das letras teenses, as letras máis revindicativas de todo o Concello de Teo nos últimos anos da man da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos As súas letras plásmanse nunha ampla axenda en forma de manifestacións, recollida de sinaturas, pancartas, campañas como a de “véndese”, stands, de berros polas estradas e polas rúas con cadeas humanas e andainas, das súas representativas camisetas, de debates electoriais, de centos de reunións, alegacións, festivais, concertos, videoclips, etc ao ritmo das guitarras e de pateadas, que son sen dúbida as letras que con máis forza se sinten no noso Concello e nas que máis xente participa. As letras dunha veciñanza que loita forte e contundente por unha terra mellor, a través dun cambio de letra, para divulgar e concenciar ás persoas afectadas (dende Compostela á ría de Arousa) pola pretendida implantación do proxecto da planta de reciclaxe da empresa Toysal na canteira da Casalonga.

Presentamos aquí este vídeo que nos envían, onde agradecen a colaboración das Asociacións Teenses que sempre están ó seu carón, e onde participa o alumnado da Escola Unitaria da Casalonga do Cra de Teo esa canteira de veciños e veciñas máis pequenos que cos seus debuxos dan ideas para un futuro mellor e para a unha Casalonga limpa de residuos. Que as súas letras claras e firmes se espallen por todos os recunchos do Concello e da comarca para abrirnos os ollos para loitar por un concello e unha terra con porvir.

Read Full Post »

Bibliotecas Municipais da Coruña

Benvido ao blog das nosas bibliotecas

A Grileira

Blog das Bibliotecas Municipais de Teo

WordPress.com

WordPress.com is the best place for your personal blog or business site.