Feeds:
Artigos
Comentarios

Posts Tagged ‘Valentín Carrera’

Día 8. Hoxe traemos un xornalista, profesor universitario autor de libros de ensaio, viaxes, novela e director de máis de oitenta documentais e serie de TV, Valentín Carrera. Contamos cun importante fondo nas Bibliotecas Municipais de Teo, pois fixo unha doazón na BM do Grilo-Cacheiras de diversos materiais. Recuperamos dentro da súa ampla bibliografía Riosil, premio Blanco Amor 1990 onde narra como en embarcou no porto de Marín cos mariñeiros galegos do buque As cara ao Gran Sol e no inverno seguinte participou como cronista na Primeira Expedición Española á Antártida. Escrita «á maneira de Truman Capote», despois de ler A sangre fría, como entón lle suxeriu o editor Víctor Freixanes, esta novela é o relato veraz e crú daquelas experiencias mariñeiras. A versión en castelán conserva o título orixinal do autor, La puta mar.

Valentín Carrera na Festa Dixital das Letras Teenses

Na Festa das letras dixitais teenses a proposta chega dende o Arquivo Municipal, da man do seu responsable Pablen Compostela Teo que invita a que coñezamos un dos alcades históricos do noso Concello.
“José Sánchez Villamarín foi un polifacético persoeiro que revolucionou a sociedade galega decimonónica. Enxeñeiro agrónomo, avogado, activista republicano, escritor, empresario, editor, foron só algunhas das súas facetas vitais. Na súa traxectoria política destacou por presidir a corporación teense (1854 – 1855) e a Compostelá (foi alcalde durante a Primeira República). Xunto con Martiño Noriega, son os únicos que tiveron a honra de exercer como rexedores en ambos concellos.
De ideoloxía liberal e republicana foi un dos representantes máis sobranceiros do federalismo rexionalista, presidente do Comité Democrático Progresista de Santiago de Compostela, que mesmo chegou a presentar unha proposta para un Estatuto de Galicia que non tivo éxito. Ocupou tamén un papel importante no seo da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela, ocupando o posto de Vicepresidente da entidade. Destacou polo seu activismo en diferentes proxectos, sendo o principal impulsor da primeira liña ferroviaria de Galicia, Conxo – Carril, para unir “Arousa e Compostela”. A súa vinculación con “esta liña central de Galicia” continuou como membro do consello de administración da compañía do “Ferro-Carril Compostelano de la Infanta Doña Isabel”. Nas súas verbas o ferrocarril compostelano “ten que producir o efecto de converterse no eixo da contratación e da vida mercantil de tan populosa e importante comarca”, sen “ter que depender da relación desa sogra madrasta da Coruña” (Gaceta de Galicia, 27/03/1888).
No concello teense inicia a súa vida política a mediados do s. XIX e tamén salienta como importante propietario e industrial, foi o dono dun gran curtidoiro que estivo situado nas Galanas.
Porén, alcanzou grande popularidade pola súa faceta “ocultista”, converténdose nun dos líderes do Grupo Espiritista de Santiago. Un feito que lle ocasionaría numerosas críticas de persoeiros e colectivos sociais e culturais da época, que o criticaban polo seu suposto sectarismo e alcumaban como o “abogado chiflado” (Menéndez Pelayo). Lonxe de preocuparlle, defendeu ata o seu pasamento o espiritismo de cariz cristiá.
Como editor e baixo o pseudónimo de Niram-Alliv (Villamarín ó revés) publica a obra “Aldrete, o los espiritistas españoles del siglo XVII”, un pequeno libro que recuperaba o traballo dun dos precursores do espiritismo penínsular, o médico Luis de Aldrete, cuxos libros foron prohibidos pola Inquisición. O libro de Villamarín tamén sufriu o rexeitamento da “curia” compostelá mais provocou o efecto contrario ó pretendido polo cabido e non tardaron en aparecer novas edicións deste curioso libro que podedes descargar na súa versión dixital dende a Biblioteca Nacional:
http://iapsop.com/…/1877__niram-alliv___aldrete_o_espiritis…
J.S.V. faleceu en 1892, sendo soterrado no cemiterio da Confraría da Nosa Señora do Rosario do Convento de San Domingos de Bonaval, da cal era confrade.

Cadro de José Sánchez Villamarín, Vicepresidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País. Autor: José María Fernández (JMF). Finais do s. XIX. Fondos da RSEAP

Acta plenaria do concello de Teo do 8 de xaneiro de 1857 presidida polo licenciado José Sánchez Villamarín. Sig. AMT. 1.6

Read Full Post »

Bibliotecas Municipais da Coruña

Benvido ao blog das nosas bibliotecas

A Grileira

Blog das Bibliotecas Municipais de Teo

WordPress.com

WordPress.com is the best place for your personal blog or business site.