Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Setembro 2012

Dentro do programa de actividades organizadas dende a Concellaría de Cultura do Concello de Teo, este setembro será de circo. Os venres que quedan do mes, no Centro Sociocultural da Ramallosa, poderemos desfrutar dos seguintes espectáculos:

  • 14 de setembro ás 19 horas o artista Manuel Lago presentará o seu espectáculo “Manicus” centrado nos malabares
  • 21 de setembro ás 19 horas será o turno de Fredi co seu “Circanelo”. Alfredo Pérez Muíño estudiou Educación Física especializándose en Ximnasia Artística. Tras quince meses de estudios en Madrid (Escola de Circo Carampa) viaxou por diferentes paises para continuar a sua formación como especialista en técnicas circenses, na Escola Nacional de Circo de Río de Janeiro, Escola de Circo Criollo de Bos Aires, Escola Nacional de Circo de Cuba e na Bont`s International Clown School en Ibiza. Ademáis participou en numerosos cursos de formación tanto a nivel artístico como docente.
    O teatro xestual, danza, acrobacia, malabares e outras disciplinas circenses como o mimo combinanse para crear una historia absurda, tola, sobre un artista coa intención de presentar o seu número a toda costa; e demostrar o seu amado público do que é capaz. No intento, ésta personaxe encontrarase cun montón de trabas que solucionará dunha forma un tanto particular, axudado, en ocasións, por a participación do público e dentro dun marcado rexistro clownesco. Obra gañadora do Festival Internacional de Clown (Festiclown 2006).
  • 28 de setembro ás 19 horas. Pecharemos con Pablo Trasno. Podes soñar coa maxia, a risa, a emoción e a tenrura que che transmite un espectáculo cheo de diferentes combinacións circenses creadas por este artista, Pablo Trasno. Capaz de facerte sorrir coas súas fazañas cómicas aparentemente improvisadas , capaz de facerte vibrar cos seus malabarismos traballados cunha técnica coidada, capaz de facerte voar cos seus números acrobáticos creados co esforzo dun adestramento físico constante e emocionarte ó remate do espectáculo polo humilde agradecemento sempre presente neste artista co seu público.
    Pablo Trasno, á marxe de ser un creador nato, esfórzase para que cada día o seu traballo avance buscando novas formas de expresión para o seu traballo. Integra circo, música, danza e teatro para despois mostralo sobre un escenario ou na rúa. Este último espazo é o preferido por Pablo pola súa proximidade co público e polo respecto que sente pola xente que camiña polas rúas e se paran a ver o que sucede nun círculo pechado onde se mostra a súa actuación.

Agardamos que vos guste…

Read Full Post »