Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Outubro 2010

Nestas datas estámonos a achegar ás festividades de Samaín (ou Halloween para os norteamericanos)  que  afondan as súas raíces na mesma orixe común, que non é outra que o Samhain celta que se celebraba hai varios centos de anos. Aínda que estas festas se volveron celebrar dende hai uns anos, hai relativamente pouco tempo que se recuperou o Samaín como tal sen a clara influencia estadounidense, pois está documentalmente probado que en Galicia se celebraba o Samaín celta ata fai tan só 30 anos. Sabemos tamén que os celtas desfrutaban dunha semana de festas adicadas ao Samaín e que remataba coa festa dos “espíritos” e que a tradición de tallar as cabazas está relacionada co culto á morte.De aí que o Samaín teña como claro emblema a cabaza e, en xeral, sexa tempo dado a contos de medo, lendas e demáis relatos terroríficos.

Por iso dende as Bibliotecas Municipais vos convidamos a que compartades algunha destas historias cos vosos amigos e sobre todo que pasedes un SAMAÍN DE MEDO!!!!! e para contribuir a isto decidimos preparar centros de interese nas nosas Axencias arredor desta festividade e unha palabra que vai ligada: O medo.

Así na Mediateca do Grilo poderedes ver penduradas do teito algunhas obras que cremos que poden ser un bó acompañamento nestas datas dende contos para nenos con monstros que están moi alonxados de dar medo ás máis terroríficas historias contemporáneas, pasando por clásicos da Literatura ou por lendas e historias da tradición oral. Agardemos que vos gusten e desfrutade deste Samaín.

Read Full Post »

Hoy se cumplen 100 años del nacimiento de Miguel Hernández, poeta al que hemos ido recordando en Internet con muchas actividades. Hagamos que la Red se inunde con sus versos.

 

Pintada, no vacía:

pintadan está mi casa

del color de las grandes

pasiones y desgracias.

Regresará del llanto

adonde fue llevada

con su desierta mesa,

con su ruinosa cama.

Florecerán los besos

sobre las almohadas.

Y en torno de los cuerpos

elevará la sábana

su intensa enredadera

nocturna, perfumada.

El odio se amortigua

detrás de la ventana.

Será la garra suave.

Dejadme la esperanza.

 

Read Full Post »

Xa pasaron dous anos sí… Dous anos cheos de libros, de teatro, de cine, de exposicións e outras actividades dos máis diversos campos. Pasaron xa dous anos dende que Pepe Carreiro nos visitou para inaugurar un espazo que nacía con ambicións de ser un dinamizador de actividades culturais no Concello. A vós toca agora decidir se o conseguimos ou non. Esperamos ter por diante aínda un moi longo percorrido e gustarianos que puideramos seguir facendoo coa vosa compaña. Non temos máis que agradecementos para tod@s @s que por aquí pasaron. Moitas grazas por axudarnos a facer pouco a pouco esta Mediateca do Grilo. E para seguir mellorando propomos unha enquisa para solucionar aqueles aspectos que credes que poderían cambiar.

Read Full Post »

Xa podedes consultar os boletíns de novidades en Infantíl deste mes de Outubro na Mediateca do Grilo. Agardamos que vos gusten. Solo tedes que premer nestes enlaces
http://es.calameo.com/read/000360611e5a2b2faa4b5
http://es.calameo.com/read/00036061129cb47bb9fa5
http://es.calameo.com/books/0003606119709ce103121

Read Full Post »

Xa están en marcha os novos cursos da Aula de Informática da Ramollasa. As actividades levaranse a cabo entre outubro do 2010 e Xaneiro do 2011, quedando aberto o prazo de inscrición 0 13 de outubro e quedando pechado tres días antes de cada curso.

Os destinatarios son tódalas persoas maiores de 16 anos e empadroadas no Concello de Teo, sendo necesarias un mínimo de 5 participantes para realizar a actividade (en caso de haber máis solicitudes ca prazas realizarase un sorteo público 3 días antes do comezo da actividade quedando expostas as listas na Aula).

Para formalizar a inscrición (que se pode recoller na aula, na Mediteca, no Rexistro Xeral do Concello ou descargala da páxina web do Concello) debedes cubrir a ficha e presentala no Rexistro do Concello, e tras confirmar que xa figura como admitido na actividade facer pagamento das taxas (15 euros para o 1º membro da unidade familiar, 10 para o 2º e 5 para o terceiro e sucesivos) entregando o xustificante.

Os curso dispoñibles son os seguintes:

Iniciación á Informática

Do 18 ao 29 de outubro de 10:30 a 12:00 (15 h)

Iniciación ao procesador de textos WORD

Do 15 ao 25 de novembro de 10:30 a 12:15 (16h.). Necesítanse coñecementos básicos de informática.

Iniciación ao programa de presentacións POWERPOINT

Do 29 de novembro ao 3 de decembro de 10:30 a 12:30 (10 h). Necesítanse coñecementos básicos de informática

Iniciación á Internet

Do 13 ao 22 de decembro de 10:30 a 12:30 (16 h)

Iniciación ao programa de cálculo EXCEL

Do 12 ao 20 de xaneiro de 10:30 a 12:30 (14 h). Necesítanse coñecementos básicos de  informática.

Para calquera dúbida ou consulta podedes dirixirvos á Aula de Informática presencialmente ou a través do teléfono (981 815 700 en horoaio de mañás ou 606 984 841 en horario de tarde). Tmaén tedes á vosa disposición o email auladeinformatica@concellodeteo.com.

Read Full Post »

Novamente as apostas fallaron. Nos días anteriores ao anuncio do premio as novas daban como favorito a Cormac McCarthy, moi de actualidade pola súa La carretera, que foi levada ao cine. Tamén se falaba do rápido ascenso nas quinielas do keniano Ngugi wa Thiong’o ou de Murakami. Pero novamente o xurado dos Nobel sorprende a todo o mundo ao fallar a favor de Mario Vargas Llosa, eterno aspirante e nunca gañador. Dende que en 1990 gañara Octavio Paz, ningún autor en lingua castelá volvera gañar, cun xurado que nos últimos anos víñase decantando cara a literaturas e autores máis minoritarias.

Así, Vargas Llosa, aos seus 74 anos pode sumar á súa ampla listaxe de premios este Nobel de Literatura, dotado con dez millóns de coroas suecas (un millón de oro) e que recibirá o próximo dez de decembro na Sala de Concertos de Estocolmo. Dende as Bibliotecas Municipais de Teo felicitamos ao escritor peruano e suxerimos aos nosos usuarios algunhas das súas obras que están á vosa disposición nas nosas axencias de Lectura.

 

 

 

 

Ficción

Ensaio

Read Full Post »

Antes de nada desculparnos polo moito tempo transcurrido dende o último post. As tarefas bibliotecarias moitas veces deixan pouco tempo para que abramos as portas da nosa Grileira. Gustarianos informar de que un ano máis o Concello de Teo en colaboración coa Deputación da Coruña e a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia programarán neste mes de Outubro un completo programa de actuacións teatrais no Centro Sociocultural da Ramallosa. A continuación detallamos as obras que se poderán desfrutar:

Sábado 2 de outubro ás 18:30 h

“Konrad ou o neno que saiu dunha lata de conservas” de Sarabela Teatro.


A señora Bartolotti recibe por correo un neno de sete anos que será coidado e educado dun xeito orixinal e divertido. O humor, a tenrura e a crítica social se dan cita neste magnífico relato da escritora Christine Nöstlinger  adaptado e dirixado por Ánxeles Cuña para un público familiar a partir dos cinco anos

Sábado 9 de outubro ás 20:30 h

“Cabareencrise” da Compañía Femme Fatale

Trátase dun relato de cabaré sobre a crise  nun cercano 2019  onde  “os cabarencrise” desafían á realidades cos escasos recursos cos que contan. E todo baixo a batuta de Nelson Quinteiro, que exercerá como mestre de cerimonias nesta viaxe.

Sábado 16 de outubro ás 18:30 h

“Ensalada de instrumentos” de Os Tres Tenedores

Os Tres Tenedores é unha agrupación formada por musicólogos e profesores de música con ampla experiencia como intérpretes e docentes.
Esta iniciativa naceu co propósito de facer un espectáculo divertido e ó mesmo tempo didáctico no cal se aprenden os aspectos máis relevantes da música, como poden ser a clasificación dos intrumentos, os diferentes estilos musicais tanto históricos como actuais, respecto polas diferentes culturas…
Os espectáculos dos Tres Tenedores mesturan música, teatro, danza e, sobre todo, moito humor. Facendo tamén fincapé no coidado co medio ambiente a través dos intrumentos de refugallo (intrumentos feitos con materias sobrantes dos fogares).


Sábado 23 de outubro ás 18:30 h

“Malabares” de Roi o Cagabolas ás 18:30 h


Para o último día queda Roi Sixto un malabarista ferrolán representante do novo circo e artistas de rúa. Malabarista multidisciplinar, domina diversas técnicas destacando nas rutinas con bolas de rebote, sendo o único malabarista galego que inclé esta  técnica no seu espectáculo.

Agardamos que a proposta vos guste. Viva o teatro!!

Read Full Post »