Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Decembro 2010

 

DURANTE ESTAS DATAS AS NOSAS AXENCIAS DE LECTURA TERÁN OS SEGUINTES HORARIOS:

 

 

 

  • ALM OS TILOS: Permanecerá pechada do 24 ao 3 de xaneiro (incluídos)

 

24,25 e 26 de decembro:  Pechada

27,28,29 e 30* de decembro: Aberta en horario de tarde. O día 30 non haberá servizo bibliotecario pola actuación de Contacontos a cargo de Santi Prego.

31 de decembro, 1 e 2 de xaneiro: Pechada

3 de xaneiro: Aberta en horario de tarde

A partir do día 4 abrirá no seu horario normal agás o 6 de xaneiro que permanecerá pechada polo festivo.

Desculpen as molestias que estes cambios poidan ocasionar e moi Felices Festas e Próspero Ano…

Read Full Post »

Como tódolos anos cando se achegan estas datas a Concellaría de Cultura e Deportes sumérxese de cheo no espírito navideño a través do NADALTEO. A continuación deixamos unha mostra das múltiples actividades para desfrutar dende xa e ata o 9 de xaneiro.

XANEIRO 2011

  • 2 de xaneiro. Xornadas de deporte en familia. Pista multideporte de Calo. A partir das 16:00 horas.
  • 3 de xaneiro. Teatro. Os 7 Magníficos+1 coa obra Mañá será outro día. Centro Sociocultural da Ramallosa. 20:00 horas. Público familiar
  • 5 de xaneiro. Cabalgata de Reis. Chegada á estación de Osebe e visita a Calo (local S.R), Pontevea (Local A Pontevella), Os Tilos (Centro Comercial), Cacheiras (local Rosalía de Castro) e recpción oficial no Pavillón Ezequiel Mosquera da Ramallosa.
  • 7 de xaneiro. Clausura das actividades de Diverteo. Colexio de Calo, Os Tilos e A Ramallosa
  • 8 de xaneiro. Teatro. A Contrabutaca Producións presenta A horta animada. Centro Sociocultural da Ramallosa. 18:00 horas. Público Infantil

Read Full Post »

Segunda parte das suxerencias de lecturas con tema navideño, neste caso pensadas para os pequenos da casa:

Noite de Reis en Kalpankalá

Aquel Nadal do derradeiro ano do século ía ser diferente para todos os nenos da cidade de Viladeteixo tanto para os barrios máis ricos coma para os dos barrios máis pobres. Kalpankalá. Papá Noel e os Reis Magos son vítimas dun estraño roubo, que só pode ser resultado dunha das xenialidades da avoíña estrafalaria coñecida por todos co alcume de Rosana Patacola.

Os Bolechas festexan o Nadal

A famila Bolechas prepárase para poder celebrar as festas do Nadal por tódolo alto procurando que non se escape ningún detalle. Descubre como colocan a árbore de Nadal, as trasnadas que acontecen na cea o cómo reciben a visita de Papa Noel cos seus agasallos. Algún dos Bolechas terán este ano carbón por portarse mal?. Para averigualo teredes que ler esta aventura desta singular familia…

Kika superbruxa e o feitizo do Nadal

Que te divirtas con Kika Superbruxa! Desde que un bo    día atopou un libro de maxia a carón da súa cama, a Kika encántalle facer feitizos, aínda que a verdade é que ás veces os seus esconxuros teñen consecuencias inesperadas. Que emoción! O Nadal está a piques de chegar! Pero cando Kika comproba que por todas as partes aparece calquera cousa menos o espírito do Nadal, leva unha boa decepción… A xente só pensa en mercar, mercar e mercar, e todo o mundo está nervioso, antipático e de mal humor! Cómo é posible?Menos mal que Kika ten un plan: Un verdadeiro feitizo do Nadal!

Read Full Post »

Antes de nada felicitar as festas a tod@s e desexarvos o mellor para o ano que entra. Dende as nosas bibliotecas deixamosvos estas propostas de obras relacionadas dunha maneira ou outra con estas datas para tódalas idades….

Noite de reis; A tempestade / William Shakespeare

Na divertida comedia Noite de reis, escrita probablemente nos inicios do século XVII, William Shakespeare emprega recursos  moi propios da época, coma os disfraces e os malentendidos, coa habilidade do mestre que sabe manexar o azar e o enredo á perfección para lograr engaiolar ao seu público. A tempestade, que forma parte do mesmo volume, é a derradeira e xenial peza do autor. Intensa e máxica parábola sobre os enigmas da existencia, posúe unha significación que transcende a mesma realidade e é obra dun auténtico e inigualable poeta.

Cuento de navidad / Charles Dickens

Cuento de Navidad es sin dudas una de las obras clásicas de la literatura universal. Considerado el relato de la Navidad por excelencia existen multitud de ediciones. Una de las versiones más maravillosas es ésta en formato álbum, que cuenta con las extraordinarias ilustraciones de Roberto Innocenti. Las imágenes de Innocenti consiguen retratar magistralmente la época victoriana, añaden un especial atractivo a la ya de por sí recomendable lectura de la escalofriante y fantástica historia del avaro
Scrooge y su descubrimiento del espíritu navideño.
El niño Jesús ha nacido en Belén. El ángel Gabriel lo anuncia y todo el mundo quiere presentarse ante él para adorarlo.  Entre ellos, toda una legión de ángeles, representados por colores, que están deseando jugar con el pequeño.
Recreación del misterio, ideal para ser representada en Navidad o leída en cualquier época del año.
La musicalidad del verso, así como su perfecta construcción formal, facilitará el aprendizaje en el pequeño lector además de constituir en sí mismo un juego, apoyado por el colorismo de las divertidas imágenes.
Haberá máis propostas para os vindeiros días. Felices Festas e felices lecturas!!

Read Full Post »

Como primeiro título desta andaina que agardamos que nos depare moitas e boas lecturas, escollemos “Enderezo descoñecido”. Esta novela, representa un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro se nos fai patente ao longo da correspondencia entre os 2 personaxes, amigos e socios dunha galería de arte en California.
Aclamada pola crítica de todo o mundo, foi considerada polo The New York Times Book Review    como a denuncia máis efectiva que se pode facer contra o nazismo en literatura de ficción. É a perfección mesma. Despois de ser traducida a múltiples linguas euroepas, Xerais ofrécea dentro da súa colección Narrativa en traducción de Emma Lázare Rodríguez.
Cando Enderezo descoñecido se publicou por 1ª vez en 1938 causou gran sensación pola crueza coa que expoñía diante da opinión pública norteamericana o veleno do nazismo dende os seus inicios. Axiña obtivo vendas espectaculares e foi editada en Inglaterra e traducida a outras linguas, sendo considerada como unha obra perfecta. En 1939, a traducción holandesa desapareceu das librerías e, coincidindo coa ocupación nazi, a única presencia da novela en Europa foi na lista de libros prohibidos do Reichskommisar. A historia permaneceu descoñecida no continente durante sesenta anos máis, malia o impacto e o gran éxito que acadara nos Estados Unidos e Inglaterra. Trala súa reedición en 1995, para conmemorar o cincuenta aniversario da liberación dos campos de concentración, chegou ás mans de Henri Dougier, o editor francés da revista Autrement, quen decidiu publicala convencido da súa importancia para as víctimas do nazismo e para toda a comunidade europea. A partir de entón, a novela foi traducida ao italiano, hebreo, alemán, grego, noruegués, sueco, danés, portugués, español e catalán.
Escrita en forma epistolar pola norteamericana Kressman Taylor, Enderezo descoñecido conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en California, Max Eisenstein, xudeu estadounidense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi.

Comezamos este luns a partires das 20.15 na Cafetería  Vavei (fronte ao Che 2)

Read Full Post »

Docentes do IES de Cacheiras en colaboración coas Bibliotecas Municipais de Teo estamos a preparar un Clube de Lectura. Se te gusta ler e compartir amigablemente o que les ponte en contacto con nós. Agardamoste… Información nas Bibliotecas Municipais ou a través do correo electrónico (bibliotecatilos@concellodeteo.com). Tamén podedes contactar con nós a través do facebook no perfíl das Bibliotecas Municipais de Teo

Read Full Post »