Feeds:
Artigos
Comentarios

Posts Tagged ‘Malabares’

Dentro do programa de actividades organizadas dende a Concellaría de Cultura do Concello de Teo, este setembro será de circo. Os venres que quedan do mes, no Centro Sociocultural da Ramallosa, poderemos desfrutar dos seguintes espectáculos:

  • 14 de setembro ás 19 horas o artista Manuel Lago presentará o seu espectáculo “Manicus” centrado nos malabares
  • 21 de setembro ás 19 horas será o turno de Fredi co seu “Circanelo”. Alfredo Pérez Muíño estudiou Educación Física especializándose en Ximnasia Artística. Tras quince meses de estudios en Madrid (Escola de Circo Carampa) viaxou por diferentes paises para continuar a sua formación como especialista en técnicas circenses, na Escola Nacional de Circo de Río de Janeiro, Escola de Circo Criollo de Bos Aires, Escola Nacional de Circo de Cuba e na Bont`s International Clown School en Ibiza. Ademáis participou en numerosos cursos de formación tanto a nivel artístico como docente.
    O teatro xestual, danza, acrobacia, malabares e outras disciplinas circenses como o mimo combinanse para crear una historia absurda, tola, sobre un artista coa intención de presentar o seu número a toda costa; e demostrar o seu amado público do que é capaz. No intento, ésta personaxe encontrarase cun montón de trabas que solucionará dunha forma un tanto particular, axudado, en ocasións, por a participación do público e dentro dun marcado rexistro clownesco. Obra gañadora do Festival Internacional de Clown (Festiclown 2006).
  • 28 de setembro ás 19 horas. Pecharemos con Pablo Trasno. Podes soñar coa maxia, a risa, a emoción e a tenrura que che transmite un espectáculo cheo de diferentes combinacións circenses creadas por este artista, Pablo Trasno. Capaz de facerte sorrir coas súas fazañas cómicas aparentemente improvisadas , capaz de facerte vibrar cos seus malabarismos traballados cunha técnica coidada, capaz de facerte voar cos seus números acrobáticos creados co esforzo dun adestramento físico constante e emocionarte ó remate do espectáculo polo humilde agradecemento sempre presente neste artista co seu público.
    Pablo Trasno, á marxe de ser un creador nato, esfórzase para que cada día o seu traballo avance buscando novas formas de expresión para o seu traballo. Integra circo, música, danza e teatro para despois mostralo sobre un escenario ou na rúa. Este último espazo é o preferido por Pablo pola súa proximidade co público e polo respecto que sente pola xente que camiña polas rúas e se paran a ver o que sucede nun círculo pechado onde se mostra a súa actuación.

Agardamos que vos guste…

Read Full Post »

Antes de nada desculparnos polo moito tempo transcurrido dende o último post. As tarefas bibliotecarias moitas veces deixan pouco tempo para que abramos as portas da nosa Grileira. Gustarianos informar de que un ano máis o Concello de Teo en colaboración coa Deputación da Coruña e a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia programarán neste mes de Outubro un completo programa de actuacións teatrais no Centro Sociocultural da Ramallosa. A continuación detallamos as obras que se poderán desfrutar:

Sábado 2 de outubro ás 18:30 h

“Konrad ou o neno que saiu dunha lata de conservas” de Sarabela Teatro.


A señora Bartolotti recibe por correo un neno de sete anos que será coidado e educado dun xeito orixinal e divertido. O humor, a tenrura e a crítica social se dan cita neste magnífico relato da escritora Christine Nöstlinger  adaptado e dirixado por Ánxeles Cuña para un público familiar a partir dos cinco anos

Sábado 9 de outubro ás 20:30 h

“Cabareencrise” da Compañía Femme Fatale

Trátase dun relato de cabaré sobre a crise  nun cercano 2019  onde  “os cabarencrise” desafían á realidades cos escasos recursos cos que contan. E todo baixo a batuta de Nelson Quinteiro, que exercerá como mestre de cerimonias nesta viaxe.

Sábado 16 de outubro ás 18:30 h

“Ensalada de instrumentos” de Os Tres Tenedores

Os Tres Tenedores é unha agrupación formada por musicólogos e profesores de música con ampla experiencia como intérpretes e docentes.
Esta iniciativa naceu co propósito de facer un espectáculo divertido e ó mesmo tempo didáctico no cal se aprenden os aspectos máis relevantes da música, como poden ser a clasificación dos intrumentos, os diferentes estilos musicais tanto históricos como actuais, respecto polas diferentes culturas…
Os espectáculos dos Tres Tenedores mesturan música, teatro, danza e, sobre todo, moito humor. Facendo tamén fincapé no coidado co medio ambiente a través dos intrumentos de refugallo (intrumentos feitos con materias sobrantes dos fogares).


Sábado 23 de outubro ás 18:30 h

“Malabares” de Roi o Cagabolas ás 18:30 h


Para o último día queda Roi Sixto un malabarista ferrolán representante do novo circo e artistas de rúa. Malabarista multidisciplinar, domina diversas técnicas destacando nas rutinas con bolas de rebote, sendo o único malabarista galego que inclé esta  técnica no seu espectáculo.

Agardamos que a proposta vos guste. Viva o teatro!!

Read Full Post »